Ir al contenido principal

P. José Noval, un dominico tudense na China do sec. XVIII


Esta mesma semana publicabamos en Tudensia, nesta serie de posts diarios namentras dura o confinamento, unha entrada titulada “Aventureros tudenses” que recollía os nomes dos primeiros tudenses que embarcaron para as Indias e outra serie de nomes de persoeiros que realizaron algunha acción en terras lonxanas.

Imaxe petrea de San Domingos de Guzmán, circa 1400-1425
Igrexa de San Domingos de Tui

Publicamos hoxe algunhas notas sobre un frade dominico tudense, José Benito Noval, do século XVIII que desenvolveu o seu labor apostólico no extremo oriente, en China. Xunto a Fr. Antonio de San Buenaventura, franciscano tudense martirizado en Xapón en 1628 (ver: http://tudensia.blogspot.com/2008/11/frei-antonio-de-san-buenaventura-un.html ) son dous exemplos de misioneiros tudenses naquelas afastadas terras e que merecen ser coñecidos na actualidade.

Para contextualizar a presenza do P. José Noval en China realizamos unha pequena aproximación á presenza no imperio chino da Orde fundada por San Domingos de Guzmán, e presente en Tui dende o século XIII aos poucos anos da morte doutro dominicio, San Telmo.

Antes da entrada na China do primeiro misioneiro dominicano Anxo Cocchi entre o ano 1631 e 1632, os misioneiros españois xa levaban máis de medio século expandindo as súas influencias en Asia. Non se debe esquecer que os primeiros españois chegaron ás Filipinas no ano 1521 baixo o mando do entón explorador e navegante Fernando de Magallanes. No ano 1587 supón  o establecemento da cidade Manila polos españois e a chegada dos primeiros misioneiros dominicanos españois. Os dominicos en Filipinas dedicaran especial atención ás comunidades chinas alí asentadas, que procedían maioritariamente da zona de Fujian. Amais das atencións pastorais os dominicos desenvolveron unha importante actividade intelectual propia do seu carisma: redactan libro en chino, traducións chino-español e viceversa e crean manuais de gramática china e dicionarios.

Sen embargo, eran os membros da Compañía de Xesús os que protagonizaron, en exclusiva ata 1633, os avances do cristianismo en Extremo Oriente con especial incidencia en Xapón e China. A bula Ex debito pastoralis officii do Papa Urbano VIII abría o imperio chino ás órdenes mendicantes, finalizando o privilexio xesuíta.

Misioneiros xesuitas en China, sec. XVII

No ano 1626, despois dunha longa preparación, o entón vicerrei das Filipinas, Don Fernando de Silva mandou unha expedición xunto con cinco misioneiros dominicanos rumbo a Taiwan (ou illa Fermosa para os españois) e estableceu unha colonia no norte da illa. Desta forma, os misioneiros dominicanos chegaron a estender a súa área de evanxelización desde Manila até Taiwan onde xeograficamente servíase como punto de salto para a China, concretamente, á provincia Fujian de China. De feito, a ruta de Manila-Taiwan-Fujian converteuse na premisa da entrada dos misioneiros dominicanos na China, onde os xesuítas xa levaban algunhas décadas de presenza.

O primeiro dominico en establecerse en China será, como xa citamos, Angel Cochi, cunha peripecia ben interesante no ano 1632. Chegan por vontade propia sen compañía de soldados e cos coñecemento da lingua e cultura china adquiridos previamente. Os dominicos se establecen na provincia de Fujian, ao sur de Pekin, e serán sempre un número moi cativo (en 1664 eran 21), con grandes dificultades, e con periódicas persecucións (1724, 1746 e 1755) e alternativamente tempos de permisividade (1735 e anos posteriores). Sirva este contexto histórico para situar a presenza do frade dominico tudense, José Noval, na China na primeira metade do século XVIII.

José Benito Noval naceu en Tui no ano 1711, descoñecendo se a súa vocación relixiosa está ligada ao convento dominico de Tui porque o certo é que ingresa na Orde de San Domingos no convento de San Pablo de Valladolid.

Detalle convento de San Domingos - Gravado da Ilustración Española, sec. XIX


Fr. Aureliano Pardo escribe: “hombre pequeño de cuerpo pero grande de espíritu (...) de ingenio muy despierto y muy aplicado al estudio, unía a su clara inteligencia una gran fluidez de palabra, mereciendo ser elegido colegial de San Gregorio de Valladolid, donde concluyó sus estudios con mucho lucimiento”.

Pese a estas boas expectativas académicas solicitou a súa incorporación ás Misións do Extremo Oriente, embarcando con rumbo ás illas Filipinas en 1736. “Durante la travesía ejerció el cargo de lector de Filosofía de sus compañeros de misión, y al llegar a Manila, se le nombró catedrático de la misma asignatura en la Universidad, hasta que se le destinó con fecha 8 de noviembre de 1737 a evangelizar China, a donde llegó el 21 de junio del año siguiente, desembarcando en el puerto de Moyang na provincia de Fujian. Polas datas que se sinalan o noso frade tudense non tivo excesivo tempo para formarse no coñecemento do chino e a cultura daquel imperio.

O propio relato que seguimos do P. Aureliano Pardo sinala o celo apostólico de Fr. José Benito Noval. Estes frades vivían da acollida proporcionada polos poucos cristián alí existentes, das esmolas ou do traballo: en una ocasión prestóse a servir de criado o mozo de carga a un mercader, a fin de poder insinuarse mejor en su ánimo con el trato cotidiano para conquistarle en unión de su familia a la religión cristiana; cargando muchas veces con enormes pesos, muy superiores a sus fuerzas, pero no sentía la carga ante la perspectiva de ganar aquellas almas (...) A su amor y solicitud paternal correspondían los fieles llamándole el santo padre José, cuyo nombre chino era “Go”.

Un compañeiro na misión, que estaría formada por media ducia de frades como máximo, Fr. Juan de Alcóver, recolle nunha carta como era a misión: entre los frailes tenemos que cuidar de más de dos mil cristianos repartidos en diez y seis pueblos, distantes unos de otros á legua, á dos leguas, tres. Quatro, cinco y seis. No permite este emperador, llamado Kienlung, misioneros en su Imperio, y así tenemos que andar ocultos en las casas de los cristianos, por que si cogen a algun misionero lo llevan desterrado a Macao. En todos los pueblos tenemos Beatas de la Orden para que enseñen la Doctrina á mugeres y muchachos, y ellas asisten quando muere alguna muger, son muy recogidas y observantes, maytines á media noche, ayunos, etc

Continuamos co relato haxiográfico que o P. Aureliano Pardo tomou dunha carta do confesor do frade tudense que envía ao colexio de San Gregorio de Valladolid de onde partira á súa misión: Quiso el Señor manifestar la santidad de la vida y apostolado de su siervo, obrando varios prodigios por su mediación; y cuando se acercaba la hora del premio y del descanso, el reveló el día de su muerte; asi que no hizo caso el santo misionero de la grave enfermedad que el aquejaba y agotaba sus fuerzas (...) hasta el antepenúltimo día de su muerte. Y habiéndole exigido su confesor que declarase por que no había mirado más por su salud en aquellos días, como él le tenía encargado, contestó con lagrimas y sollozos: que no lo había hecho porque sabía de cierto que en tal día (el mismo en que murió) habría de comparecer ante el tribunal  divino para purgar sus grandes culpas.

Faleceu o 15 de marzo de 1744 na misión e poboado de Ki-Tung, acompañado polos PP. Francisco Serrano e Francisco Díaz (logo martirizados naquelas terras): Divulgada su santa muerte por toda la Misión, acudió el pueblo cristiano en masa a venerar su cadáver, con tales demostraciones de duelo, que dichos padres Serrano y Díaz tuvieron mucho que hacer para poder consolar a aquellas pobres gentes que (...) para demostrarle su grande y profunda veneración, invirtierion más de doscientos pesos en las solemnísimas exequias que celebraron en su honor.

Sirvan pois estas liñas para recuperar o nome de Fr. José Benito Noval, O.P. para a nosa memoria local como un “aventureiro” tudense evanxelizador naquelas terras do extremo oriente.

Comentarios

Entradas populares de este blog

O antigo Hospital e Inclusa (actual Edificio "Francisco Sánchez") cumpre hoxe cen anos

Neste ano 2023 a cidade de Tui vive diversos aniversarios de interese, especialmente o referente ao cuarto centenario do falecemento do egrexio médico e filósofo tudense, Francisco Sánchez, sobre o que nos ocuparemos en datas próximas. https://www.facebook.com/fotosantiguastuy/photos Centrará hoxe a nosa atención outra significativa efeméride, o centenario da inauguración do Hospital e Inclusa de Tui celebrado o 1 de maio de 1923, hai hoxe cen anos, que culminaba un longo proceso de construción deste edificio. Na actualidade este antigo hospital é o Edificio “Francisco Sánchez” coñecido popularmente como Área Panorámica de Tui. É pois unha feliz oportunidade para realizar unha aproximación a historia deste edificio emblemático da nosa cidade. Un edificio creado para acoller as instalación do hospital e da casa de expósitos, ou inclusa. A historiografía ten abordado nas últimas décadas aspectos da historia social pouco atendidos tradicionalmente. O tema da marxinación social é un de

Unha nova entelequia: un Camiño Portugués de Nossa Senhora do Norte por Tomiño e Gondomar

Vivimos nun mundo mediático onde cada vez temos acceso a un maior abano de información de todo tipo, o que en principio resulta altamente positivo e enriquecedor pero paralelamente existe o evidente risco de carecer de elementos de discernimento e valorización para recoñecer o rigor e a falsidade, a veracidade e os falseamentos. Ven a conto esta obviedade para abordar unha breve reflexión sobre a noticia que en días pasados publicaron os medios de comunicación con este titular: Tras un año de investigación, la alcaldesa de Tomiño, Sandra González; el presidente de la Cámara Municipal de Vila Nova de Cerveira, Rui Teixeira, junto al alcalde de Gondomar, Francisco Ferreira, y la concejala de turismo de Redondela, María Castro; y el arquitecto e investigador Antonio Soliño, presentaron el «Camiño da Nosa Señora do Norte a Santiago», una variante del Camino de Santiago que pasa por el territorio que recogen ya los archivos históricos. No texto da noticia se afirma o seguinte: La invest

Un poema en galego de D. Basilio do ano 1957

A figura de D. Basilio, cóengo maxistral na catedral tudense e profesor durante varias décadas no Instituto San Paio, continua a ser lembrada por moitos tudenses pola súa erudición, especialmente no que atinxía á historia da nosa cidade como pola súa singular personalidade. Neste blog conmemoramos hai algúns anos o centenario do seu nacemento, o 14 de abril de 1911, ( https://tudensia.blogspot.com/2011/04/hoxe-centenario-do-nacemento-de-don.html ) reproducindo un breve artigo publicado no libro das festas de San Telmo dese mesmo ano  2011. Sinalabamos daquela que era unha persoa sumamente austera, todos o lembramos coa “teja” cubrindo a súa cabeza, a súa faciana morena, sempre vestindo unha raída sotana, fumando os “bisonte” sen boquilla que ofrecía a cantos a él se achegaban, a súa conversa sempre mesturada con referencias teolóxicas. Case todas as tardes, primeiro pedaleando na súa bicicleta, e anos máis tarde sobre a súa vella mobilette (algún día tivo de ser nova pero a miña le