Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de agosto, 2011

A Alameda cumpre 155 anos

A Alameda de Tui ven de cumprir 155 anos de existencia como un espazo público privilexiado pola súa ubicación e pola fermosa visión que nos regala da nosa cidade; sen embargo, na actualidade como sucedeu en diversos momento da súa xa alongada existencia, é un espazo escasamente transitado polos tudenses e minimamente aproveitado para o lecer público. Recuperamos de seguido un texto de Manuel Fernández Valdés, de 1956, publicado na revista “Tuy” do Instituto Laboral “San Paio” en que documenta á historia deste emblemático lugar co gallo do seu centenario. Evidentemente habería que engadir moitas outras notas ao que recolle o escrito do cronista oficial tudense, con máis de cincoenta anos de distancia: as reformas acometidas, nos inicios dos anos sesenta do pasado século cando se creu o estanque ao abeiro dos programas de Promoción Profesional Obrera, ou cando no mandato de Angel Ávarez Duran promoveuse unha nova reforma do parque, completada en tempos de  J. M. Diz Guedes e Miguel A.