Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de 2023

Bo Nadal coa iconografía do pórtico da Catedral

No amplo acervo patrimonial que custodiamos os tudenses a presenza de bens ligados á vida eclesial é moi amplo, derivado, especialmente, da condición episcopal da nosa cidade ao longo de moitos séculos. A iconografía, entendida como a descrición por medio de imaxes dun tema ou asunto, xoga sempre un relevante papel na configuración destes bens patrimoniais, pois a Igrexa ten entendido, ao asumir a tradición xudía da que nace, a importancia destas representacións simbólicas, pois o signo é un elemento consubstancial á súa vida litúrxica e cultual, xa que as imaxes e representacións son expresión dunha realidade transcendente que nos queren comunicar e transmitir. É por medio dos elementos simbólicos como a Igrexa explicita ás realidades sobrenaturais, os misterios da fe, a presenza de Xesucristo en medio do seu pobo. As principais afirmacións da fe cristián son a Paixón, Morte e Resurrección de Xesús e, como necesario paso previo, a súa Encarnación como fillo de María e fillo de Deu

Evocando a Francisco Sánchez no IV centenario da súa morte (e III): artigo de Manuel Murguia

O pasado xoves, 16 de novembro, conmemorouse o IV centenario do falecemento do médico, filósofo e humanista Francisco Sánchez co descubrimento na travesía da rúa Entrefornos, en pleno conxunto histórico, dun monólito dedicado a súa lembranza. Dende “Tudensia” vímonos sumando a esta efeméride con diversos textos dedicados á figura egrexia do pensador tudense. As actividades organizadas, polo Concello de Tui, arredor do denominado “Ano Francisco Sánchez” teñen acreditado o interese que a súa figura segue suscitando entre os investigadores e os debates que promove: o estéril debate sobre a súa nacionalidade, o lugar onde reside na súa infancia e primeira mocidade, os motivos da migración da súa familia a Bórdeos, o lugar da súa formación -especialmente a de carácter médico-, a súa posible evolución ideolóxica dende o xudaísmo ao cristianismo, a súa consideración como escéptico ou como relativista, etc. Resulta evidente a potencia do pensamento sancheciano que practicamente cunha única

Evocando a Francisco Sánchez no IV centenario da súa morte (II): artigo de Eugenio Montes.

Continuamos cunha nova achega sobre a figura egrexia de Francisco Sánchez, ao conmemorar o cuarto centenario da súa morte na cidade francesa de Tolosa. O descoñecemento sobre a figura do pensador tudense deriva, como xa comentamos no anterior post, da escasa atención que por parte dos intelectuais galegos e especialmente españois teñen prestado á figura de Sánchez. Son moi escasos os exemplos de escritores ou intelectuais que, máis aló dos estudosos da filosofía e a súa historia, teñen prestado atención ao noso homenaxeado, contribuíndo deste xeito a manter no esquecemento a súa obra e personalidade que ofrece unha particular achega á historia do pensamento europeo do Renacemento que reclama un mínimo recoñecemento. Un dos escasos exemplos desta atención foi o caso de Eugenio Montes que no diario “Arriba”, no que colaboraba habitualmente, publicou en novembro de 1951 un artigo glosando a figura de Sánchez, mostrando un amplo coñecemento da súa traxectoria e pensamento e que hoxe re

Evocando a Francisco Sánchez no IV centenario da súa morte (I): artigo de Juan Domínguez Fontenla

  En datas próximas, concretamente o 16 de novembro, celebraremos o cuarto centenario da morte, na cidade francesa de Tolosa, do pensador tudense Francisco Sánchez. Neste blog nos temos ocupado sobre a súa figura e a súa transcendencia con diversos post, o primeiro deles, de hai quince anos -necesitado, evidentemente, dalgunha actualización- segue sendo unha breve aproximación a súa vida e obra: https://tudensia.blogspot.com/2008/09/francisco-snchez-o-tudense.html Retrato de Francisco Sánchez. Estampa calcográfica de Michel Lasne, sen data Dende Tudensia queremos sumarnos ás celebración desta efeméride que ten de contribuír a revitalizar o coñecemento deste egrexio tudense do século XVI autor dunha senlleira achega ao pensamento europeo daquel tempo co seu libro Quod nihil scitur . A pesar de que a obra de Francisco Sánchez foi coñecida por importantes autores como Francisco de Quevedo ou Miguel de Cervantes, sen embargo o noso pensador careceu dun recoñecemento nos ámbitos académi