Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de junio, 2012

Os inicios da Banda de Música de Tui (I)

Banda de Música de Tui, 1919  Foto do arquivo do Museo Diocesano de Tui A música sempre estivo presente na historia da nosa cidade ao través principalmente da capela da Catedral que, co seu mestre ao frente, animaba as celebracións litúrxicas e era, ao tempo, unha escola ricaz de aprendizaje de numerosos mozos tudenses. Xa que logo é comprensible que existisen xa no século XIX diversas agrupacións musicais ou bandas de música de afeccionados que participasen nas celebracións festivas da nosa cidade e animasen as festas das sociedades recreativas de Tui. Así coñecemos que dende mediados de século existía unha banda promovida pola Beneficencia da cidade, que desaparece nos últimos anos da década de 1870. En torno ao ano 1880 o Concello tudense, presidido daquela por Hipólito Padín, na sua sesión ordinariua de 24 de febreiro acorda que “ teniendo en cuenta la necesidad que se hace sentir de una banda de música en la población, ya que dejó de existir la que había de aficionados,

Os altares de San Xoán

A festa de san Xoán é unha das festividades cíclicas que reúne ao seu arredor numerosas manifestacións da cultura popular. Tamén nas terras tudenses esta festividade goza dunha alongada tradición, o cronista tudense Manuel Fernández-Valdés, un dos escasos estudosos da nosa cultura popular, escrebe ao respectop no ano 1961: “ El llamado ciclo “san juanero” comprende el período que media antre San Juan y San Pedri; des el solsticio de verano, cuando el sol slcanza su mayor elevación sobre el horizonte, Los pueblos primitivos celebraban con diversas ceremonias eswte triunfo del sol. Elementos tan opuestos como el agua y el fuegio se conjugan en este rito. Era, sin duda, una fiesta de prurificación, porque lo mismo el agua que el fuego, en todas las religiones y mitologias, son elementos purificadores. En Tuy se practican abluciones en el Miño, al filo de las doce de la noche. Rondas de mozos y mozas corren a beber el agua de las nueve fuentes. Otros, para evitar enfermedades cu

A casa dos Maceira

Na pasada semana o Concello de Tui procedeu, tras a pertinente autorizacion xudicial, á limpeza dunha propiedade sita no barrio do Arrabal da nosa cidade. Trátase dun amplo edificio que foi a residencia dunha importante familia tudense do século XIX: os Maceira. Neste casa naceu o que logo chegou a bispo de Tui, Telmo Maceira Pazos, polo que esa rúa aínda hoxe leva o seu nome: Rúa do Bispo Maceira. Na súa residencia esta familia deixou mostra da sua capacidade económica e social. Agora convertida nunha ruina rememorar estas páxinas da historia local outorgalle a esta propiedade un valor engadido que cómpre resaltar. Como sempre a ampla sabiduria sobre a historia tudense de Manuel Fernández-Valdés nos informa amplamente sobre esta linaxe no seu libro “Familias antiguas de Tuy”, a quen seguimos, con algunhas correccións ou achegando novos datos ao respecto. Destacaremos só duas das principais figuras desta familia tudense. En primeiro lugar Telmo Maceira Pazos, que amais de ocu