Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de 2022

Nosa Señora do Camiño, lendas e tradicións

No último post falamos da necesidade de conserva o patrimonio inmaterial que atesoura a nosa cidade, naquel caso no que atinxe a certos topónimos que pola expansión urbanísticas da cidade e os conseguintes cambios no rueiro vanse perdendo para a memoria colectiva. Similar necesidade sucede coas tradicións populares expresadas a través de lendas que foron transmitidas oralmente polos nosos devanceiros. Actualmente esta secular cadea que nos une coa nosa historia e identidade foi rachada polos procesos de modernización que modifican os hábitos sociais e culturais nun proceso esmagador de unificación dos mesmos. Por tanto, recoller e documentar estas vellas lendas e tradicións populares que tantos de nos escoitamos na nosa infancia para evitar a súa desaparición e a conseguinte “desmemoria” colectiva resulta unha necesidade perentoria para a nosa sociedade. Unha destas tradicións mais coñecida no entorno tudense atinxe á capela a Virxe do Camiño, na parroquia de Rebordáns, na antigo

Toponimia tudense en perigo de esquecemento

  Os topónimos constitúen elementos identificadores espaciais de referencia para a poboación do territorio, os nomes de lugar teñen unha importancia capital como instrumentos para a conservación e difusión da información xeográfica e finalmente cabe sinalar que cada topónimo conten información sobre o lugar que nomea, tanto polo seu significado como polo seu contexto, orixe e evolución. A toponimia ten, por conseguinte un altísimo valor como elemento do patrimonio cultural inmaterial. O noso interese agora non está tanto no valor lingüístico do contido deste nomes, a súa procedencia e significación, a súa antigüidade filolóxica, senón que a toponimia posúe un valor simbólico e de expresión do poder territorial moito máis aló do seu valor puramente onomástico. O uso e evolución nunha sociedade concreta dos topónimos permiten recoñecer a súa evolución e os valores predominantes neste entorno social, datos que cómpre albiscar máis aló da mera lectura do nome dos lugares. A análise de

Cen anos dos Mártires de Sobredo

  Este luns 28 de novembro cúmprense cen anos dos tráxicos sucesos de Sobredo – Guilarei, un loitoso fito na loita do movemento agrario que protagonizou a vida socio-política de Galicia nas primeiras décadas do pasado século. En Tudensia temos abordado en diversas oportunidades a significación deste evento histórico e as súas repercusión na dinámicas sociais daquel momento: Novembro 27, 2008 Os mártires de Sobredo, "froreceu unha rosa que agoira Libertade" http://tudensia.blogspot.com/2008/11/os-mrtires-de-sobredo-froreceu-unha.html Maio 09, 2012 Agrarios tudenses en "El Agrario" de Buenos Aires de 1923 http://tudensia.blogspot.com/2012/05/agrarios-tudenses-en-el-agrario-de.html Novembro 18, 2013 Notas sobre o agrarismo tudense e os "Mártires de Sobredo" http://tudensia.blogspot.com/2013/11/notas-sobre-o-agrarismo-tudense-e-os.html Novembro 18, 2020 "Sobredo" un poema de Alfredo Guisado http://tudensia.blogspot.com/2020/

Unha cita unamuniana sobre Tui (II)

A publicación o pasado martes dun texto de Miguel de Unamuno sobre unha visita á nosa cidade e a súa contextualización ten suscitado un interese maior do esperado e varios amigos e lectores de Tudensia me facilitan diversos comentarios que enriquecen aquela primeira achega “unamuniana”. Miguel de Unamuno. Estampa anagramática do ilustrador tudense Rafael García Sánchez En primeiro lugar, Álvaro Álvarez Caramés me envía unha interesante crónica do correspondente en Tui do xornal de Pontevedra “El Progreso” que non é outro que o médico Darío Álvarez Limeses, quen describe na súa crónica con todo detalle a estadía en Tui de Miguel de Unamuno. Unha pequena alfaia xornalística que ofrecemos aos nosos lectores:   De la provincia Tuy D. Miguel de Unamuno Ayer a las nueve de la noche recibí un telegrama de D. Isidro Buceta anunciándome la llegada de D. Miguel de Unamuno a esta ciudad y pidiéndome que en nombre de la Sociedad Recreo de Artesanos de esa capital saludase al ilustre vi

Unha cita unamuniana sobre Tui

Unha das frases máis clásicas sobre a nosa cidade, que abofé todos os tudenses coñecen, é de Miguel de Unamuno que afirmou que Tui é un “espléndido balcón abierto a un paraíso terrenal”. Hai xa anos que estaba de moda colocar pegatinas nos coches, moitos tudenses instalaron nos seus vehículos unha destas pegatinas promocionais con este mesmo slogan, como de seguro moitos lembran. Achegamos hoxe o texto completo onde figura a expresa frase de Unamuno, unha das grandes figuras do pensamento e da literatura española do século XX. Miguel de Unamuno (Bilbao, 1864 – Salamanca, 1936) foi catedrático de grego e reitor da Universidade de Salamanca. Forma parte da chamada “Xeración do 98”, destacou como novelista con obras como “Niebla” (1914), “La tía Tula” (1921) ou “San Manuel Bueno Mártir” (1931), como poeta e, especialmente, como filósofo, centrando a súa preocupación no home, a súa liberdade, a súa relación coa morte asi como a relación entre fe e razón. Destacan especialmente os seus li