Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de abril, 2011

A primeira mención ao "fogo de San Telmo"

"San Telmo" de Luis Bono Hernández Santaolalla, Museo de Málaga A figura de Frei Pedro Gonzalez, a quen chaman “O Corpo Santo” e andando os séculos “San Telmo” resulta canto máis afonda un nos seus múltiples aspectos de maior interese. Interesa a súa biografía, certamente notable: dean ou coengo da Catedral de Palencia moi novo, dominico da primeira hora, confesor e conselleiro do rei Fernando III, frade mendicante polos camiños do Noroeste peninsular, promotor de obras públicas de carácter social... Tampouco fica sen interese a súa dimensión espiritual, se podemos desvencellar ese aspecto da súa propia vida: o seu espirito evanxelizador, dotado dunha sólida formación intelectual, “perde” a súa vida predicando polas aldeas a xentes sen cultura, reproducindo o modelo apostólico de ir de dous en dous (regula socii), vivindo unicamente das esmolas e da Providencia, compartindo a existencia coas xentes do pobo, promovendo un sacramento daquela pouco frecuentado, a penitencia... v

Posibles pervivencias medievais na Semana Santa tudense

A nosa cidade conserva elementos tradicionais que testemuñan a nosa propia historia e as nosas raíces culturais. Unha destas tradicións son as celebración litúrxicas da Semana Santa. Nunha cidade onde o peso da Igrexa ten sido ao longo dos séculos un referente ineludible as diversas tradicións deste tempo litúrxico nos ofrecen referencias sobre a vida e a identidade tudense. A súa pervivenia, afortunadamente aínda alonxada dos referentes da Semana Santa doutras zonas da Península alleos as nosas prácticas tradicionais, son un referente singular que, máis aló dos discursos e crenzas de cada quen, cómpre preservar na súa esencia. Xa no pasado ano nos ocupamos en Tudensia das tradicións tudenses e valencianas referentes á Semana Santa recuperando un texto do cronista oficial da cidade de Tui, Manuel Fernández-Valdés Costas e que os interesados poden consultar en: http://tudensia.blogspot.com/2009/03/tradicion-na-semana-santa-tudense.html A Semana Santa tradicional está conformada por

"A Trapa" a segunda cova granítica máis grande de Europa descoberta en Ribadelouro

O pasado sábado 9 de abril nunha conferencia pronunciada en Tui Clube Espeleolóxico “Maúxo” presentou un descubrimento certamente importante: “A Trapa” a segunda cova granítica máis grande de Europa, que se atopa na parroquia de Ribadelouro nas abas do Monte Aloia. Un descubrimento de especial relevancia para a xeoloxia e para a arqueoloxia da nosa terra, e que incrementa o valor que sa posuía esta zona inmediata ao Parque Natural do Monte Aloia. Cómpre agora impulsar o proxecto de ampliación territorial deste Parque abranguendo a Serra do Galiñeiro –por certo, ameazada na actualidade pola prevista instalación dun parque eólico-. Felicitamos ao Clube Espeleolóxico “Maúxo” polo seu labor e por aportarnos este relevante descobrimento. Achegamos un artigo publicado no día de onte na edición Galicia de “El País” como información sobre este achado. Una trampa de 1.200 metros Expertos descubren la segunda cueva más grande de Europa en O Galiñeiro SARA VILA - Santiago - 21/04/2011

Hoxe centenario do nacemento de Don Basilio

Don Basilio González Domínguez, “Don Basilio” como é coñecido polos tudenses, é unha das personalidades que ten deixado entre as xentes desta vella cidade unha pegada máis perdurable e unha lembranza á que recurrimos especialmente cando nos achegamos ás nosas festas patronais. Cúmprense agora o centenario do nacemento deste egrexio fillo de Santa Comba de Ribadelouro onde naceu o 14 de abril de 1911. Ingresa no seminario tudense no ano 1922 sendo ordenado presbítero o 23 de decembro de 1933. Xa cando cursaba teoloxía obtivo o primeiro premio nun certame celebrado arredor da figura de San Agostiño e gracias a súa habelencia literaria acadou, naqueles tempos, novos galardóns con poemas titulados “ La Maternidad de la Virgen y el Concilio de Éfeso”, “San Agustín y el Niño” ou “Acenémoslle coa mán”. Ao longo da súa dilatada traxectoria coma sacerdote desempeñou os seguintes cargos sempre vencellados á cidade de Tui, onde residía: - Capelán do Hospital - Profe

"El viejo puente del Miño (1866-2011" de Albino Prada Blanco

Albino Prada Blanco, profesor na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Vigo, publicou o pasado día 7 de abril unha interesante reflexión sobre a Ponte Internacional sobre o río Miño na súa habitual columna “Celtas cortos” de La Voz de Galicia. Recolle neste artigo algunhas das opinións expresadas no seu relatorio, de grande interese e merecente dunha atinada reflexión tanto polos responsables politicos da nosa cidade como polos propios cidadáns, pronunciado no Seminario Internacional “125 anos da Ponte Internacional, unindo xentes, territorios e culturas” celebrado en Tui e Valença o días 18 e 19 de marzo pasado El viejo puente del Miño (1886-2011) Jueves 07 de abril de 2011 C elebramos los 125 años de vida de un puente entre Galicia y Portugal. Yo, que soy de Miño arriba, no me puedo imaginar cómo durante diecinueve siglos se arreglaron entre Tui y Valença sin un puente romano. Con barcas. Tuvo que llegar, con retraso, la revolución ind

Finou o violinista Francisco Comesaña Concheiro

Francisco Javier Comesaña estudara no Conservatorio Nacional de Méxíco cos profesores Luis Sosa, Luz Vemova e Vladimír Vulfman Foi bolseiro para cursar os seus estudos superiores co mestre Igor Bezrodny no Conservatorio Tchaikowsky de Moscú, onde graduouse coas máximas calificacións e recibiu o grado académico de "Magister de Artes". Asistiu como bolseiro durante dous anos consecutivos ao curso de "Música de Compostela". Dende 1974 ata 2003 foi profesor da Orquestra Sinfónica de Radiotelevisión Española. Os profesores de dita agrupación outorgáronlle en 1977 o Premio Solista. Ten actuado como solista con diferentes orquestras en España. México, Canadá e Rusia, entre elas a Orquesta Sinfónica de RTVE. Sinfónica de Galicia, Sinfónica de Vancouver. Filarmónica de Minsk e Orquestra Filarmóníca da UNAM, baixo a dirección dos mestres Odón Alonso, Sergiu Comissiona, Cristóbal Halffter, Luis Aguirre. Emest Martínez Izquierdo. Enrique García Asensio, Arturo Tamayo y Enriq

Marga do Val con “A cidade sen roupa ao sol” Premio da Critica 2011

Os Premios da Critica están concedidos anualmente pola Asociación Española de Criticos Literarios (AECL) e dende 1956 se otorgan aos mellores libros de narrativa e poesía publicados en España ao longo do ano anterior, tanto en castelán como en galego, esukera e catalán. Son un dos galardóns de máis prestixio, aínda carecendo de dotación económica. Os premiados en lingua galega nesta edición do ano 2011 son Victor Freixanes pola súa novela “Cabalo de ouros” e na modalidade de po esía Marga do Val co seu poemario “A cidade sen roupa ao sol” que, en opinión do xurado, trátase dunha obra reflexiva que debuxa un universo no que a voz poética sumerxese en significativos episodios biográficos ao xeito dunha particular educación sentimental. Parabéns dende Tudensia para Marga do Val por este galardón que premia unha obra que ten como protagonista, maís alá da propia autora, á nosa cidade de Tui. “A cidade sen roupa ao sol” é un elaborado poemario que agora recibe, logo da boa acollida por p