Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2013

Bo Nadal e feliz 2014 !

Dende Tudensia queremos expresar a todos os nosos lectores os mellores desexos para este Nadal e un feliz ano 2014. Achegamos para elo uns versos do escritor Teodovio Vesteiro Torres (Vigo, 1848 – Madrid, 1876) publicados no seus anos de estudo no Seminario de Tui, cidade na que residiu durante once anos. Vesteiro, como sinalabamos nun “post” de Tudensia en setembro de 2011, é “un escritor romántico, que transita dende o catolicismo antimoderno ao galeguismo, converténdose nun dos principais expoñentes do Rexurdimento da cultura de Galicia. Aínda que nado en Vigo comezou en Tui a súa andaina cultural e consideraba a esta cidade miñota como a súa segunda patria” (http://tudensia.blogspot.com.es/2011/09/tuy-de-teodosio-vesteiro-torres-i.html). Estes versos corresponden aos seus anos no Seminario tudense, onde experimentaba unha afervoada viviencia de fe, pero que expresaban xa a súa capacidade literaria que a súa prematura morte impediu desenvolver.


EN LA PASCUA DE LA NAVIDAD
Ya luce sobr…