Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de septiembre, 2022

Unha cita unamuniana sobre Tui (II)

A publicación o pasado martes dun texto de Miguel de Unamuno sobre unha visita á nosa cidade e a súa contextualización ten suscitado un interese maior do esperado e varios amigos e lectores de Tudensia me facilitan diversos comentarios que enriquecen aquela primeira achega “unamuniana”. Miguel de Unamuno. Estampa anagramática do ilustrador tudense Rafael García Sánchez En primeiro lugar, Álvaro Álvarez Caramés me envía unha interesante crónica do correspondente en Tui do xornal de Pontevedra “El Progreso” que non é outro que o médico Darío Álvarez Limeses, quen describe na súa crónica con todo detalle a estadía en Tui de Miguel de Unamuno. Unha pequena alfaia xornalística que ofrecemos aos nosos lectores:   De la provincia Tuy D. Miguel de Unamuno Ayer a las nueve de la noche recibí un telegrama de D. Isidro Buceta anunciándome la llegada de D. Miguel de Unamuno a esta ciudad y pidiéndome que en nombre de la Sociedad Recreo de Artesanos de esa capital saludase al ilustre vi

Unha cita unamuniana sobre Tui

Unha das frases máis clásicas sobre a nosa cidade, que abofé todos os tudenses coñecen, é de Miguel de Unamuno que afirmou que Tui é un “espléndido balcón abierto a un paraíso terrenal”. Hai xa anos que estaba de moda colocar pegatinas nos coches, moitos tudenses instalaron nos seus vehículos unha destas pegatinas promocionais con este mesmo slogan, como de seguro moitos lembran. Achegamos hoxe o texto completo onde figura a expresa frase de Unamuno, unha das grandes figuras do pensamento e da literatura española do século XX. Miguel de Unamuno (Bilbao, 1864 – Salamanca, 1936) foi catedrático de grego e reitor da Universidade de Salamanca. Forma parte da chamada “Xeración do 98”, destacou como novelista con obras como “Niebla” (1914), “La tía Tula” (1921) ou “San Manuel Bueno Mártir” (1931), como poeta e, especialmente, como filósofo, centrando a súa preocupación no home, a súa liberdade, a súa relación coa morte asi como a relación entre fe e razón. Destacan especialmente os seus li