Hai días no decurso dunha conversa familiar levounos a rebuscar en vellos papeis de lembranzas maternas; entre estampas, recordatorios e fotos fomos dar cun folio ben pregado que ao abrilo deparounos a sorpresa dun poema. A primeira ollada foi na procura da súa sinatura e a data: outubro de 1958 – María Parrado. Nun acelerado proceso de recuperación da memoria lembramos como hai tempo tiñamos lido este poemiña, ficando dende aquela no esquecemento do que acaba de ser rescatado por esta casualidade que apuntabamos. Lembro a figura de María Parrado e a súa sona de que compuña poemas cos que agasallaba aos amigos e coñecidos. Este supoño foi o caso que nos ocupa. Escasas son as noticias recopiladas neste días en torno a María Parrado; era irmá de Gaudencio Parrado, ao que lembramos como último propietario de “El Cielo” a tenda de tecidos, fundada a finais do século XIX, que tiña a súa sede no Cantón de Diomedes esquina coa Corredeira e que nos inicios dos anos setenta pechou defin
Notas e noticias sobre Tui e os tudenses