Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2009

As cidades fortificadas da fronteira hispano-lusa buscan presentar a súa candidatura á Patrimonio da Humanidade

Informa hoxe “La Voz de Galicia” que cinco municipios portugueses Valença, Almeida, Marvâo, Estremoz e Elvas teñen logrado o apoio do goberno portugués para presentar unha candidatura das fortalezas abaluartadas da fronteira hispano-lusa a patrimonio da humanidade e que queren incluir a outros enclaves españoles, especialmente a Tui, nesta candidatura. Así está previsto presentar no cumio ministerial de España e Portugal no vindeiro outono esta proposta que ten de ser presentada polos gobernos do Estado diante da Unesco. A noticia podese consultar en: http://www.lavozdegalicia.es/ocioycultura/2009/05/26/0003_7742155.htm Fica moito por coñecer respecto desta proposta, mesmo a que categoria pretenden optar, as condiciós requeridas, etc. Pero certamente é unha feliz iniciativa que suscita interese e esperanza. Xa falaremos de vagar sobre este tema cando vaiamos coñecendo o seu contido. Polo de agora como na edición dixital de “La Voz de Galicia” non aparece publicado, reproduzco de se

"Darwin en Australia" do profesor Albino Prada en "La Voz de Galicia"

O profesor da Universidade de Vigo e columnista habitual de "La Voz de Galicia", Albino Prada, publicou o pasado domingo 3 de abril unha columna sobre o Bispo Rosendo Salvado, unha figura tudense que está investigando, que merece ser reproducida polo seu interese neste blogue. Noraboa ao profesor Prada, estreitamente vencellado á nosa cidade, por este artigo quen acredita o interese da figura do egrexio P. Salvado e as importantes lecturas que podemos realizar do seu labor en Australia. Darwin en Australia Albino Prada “ La Voz de Galicia” - Domingo 03 de mayo de 2009 Ver en: http://www.lavozdegalicia.com/opinion/2009/05/03/0003_7692457.htm Celebramos los 150 años de la publicación de El origen de las especies. Como es bien conocido, la lúcida y esclarecedora teoría darwinista se nutrió de lo observado en un prolongado viaje alrededor del mundo entre los años 1831-1836 en el navío Beagle . Casi al final de él se hizo, antes de su regreso a Londres, una brev

A necesaria regularización do tráfico no conxunto histórico

A configuración do conxunto monumental tudense, moi ben definido, é o resultado dun proceso histórico que abrangue tamén a transformación dos seus usos e que en Tui posúe unhas características moi peculiares. O casco histórico tudense, e non entraremos nas razóns que levaron á actual situación, ten na actualidade unha cuádruple funcionalidade: lugar de residencia (aínda que minguada, pois numerosos edificios permanecen desocupados), lugar ou sede dalgunhas institucións (Concello, Catedral, Facenda, etc.), lugar de visita turística e, finalmente, un espazo para a diversión, especialmente nocturna. Unha das medidas máis amplamente estendida para a recuperación e revitalización do conxunto histórico é a súa consideración como área peonil coa conseguinte regularización ou eliminación do tráfico de vehículos polas súas rúas. Sen embargo, as políticas desenvolvidas en numerosos lugares non teñen unha adaptación milimétrica á nosa cidade polas peculiares características tudenses. Cómpre si

Alfonso Álvarez Pazo, "pintor de Tui", unha pequena lembranza

No pasado mes de marzo ao completar a organización da terceira edición da exposición colectiva de artistas tudenses “Artuistas” o amigo Ernesto Iglesias Almeida amosoume unhas copias de varias acuarelas de temática tudense diante das que fiquei certamente sorprendido pola sua calidade e polo tratamento da luz daquelas obras. Eran dun debuxante tudense, case esquecido na súa cidade, Alonso Álvarez Pazo. Lembrei daquela que unha plumiñas suas figuraban no libro “Artistas tudenses”, de 1993. Resultaba pois imprescindible dispor dalgunha obra deste artista tudense que contaba con 93 anos de idade, e foi moi doado. Telefónicamente contacei con D. Alfonso e posteriormente coa súa filla, e nun dos primeiros días de abril coñecin persoalmente a Avarez Pazo no seu piso do barrio vigués de Coia. Por mágoa as presas, as urxencias do traballo impediron que a conversa fora máis aló dunha hora. Pero foi un tempo dabondo para comprobar como Alfonso Álvarez Pazo vivía coma un tudense en terra