Ir al contenido principal

Alfonso Álvarez Pazo, "pintor de Tui", unha pequena lembranza


No pasado mes de marzo ao completar a organización da terceira edición da exposición colectiva de artistas tudenses “Artuistas” o amigo Ernesto Iglesias Almeida amosoume unhas copias de varias acuarelas de temática tudense diante das que fiquei certamente sorprendido pola sua calidade e polo tratamento da luz daquelas obras. Eran dun debuxante tudense, case esquecido na súa cidade, Alonso Álvarez Pazo. Lembrei daquela que unha plumiñas suas figuraban no libro “Artistas tudenses”, de 1993.
Resultaba pois imprescindible dispor dalgunha obra deste artista tudense que contaba con 93 anos de idade, e foi moi doado. Telefónicamente contacei con D. Alfonso e posteriormente coa súa filla, e nun dos primeiros días de abril coñecin persoalmente a Avarez Pazo no seu piso do barrio vigués de Coia. Por mágoa as presas, as urxencias do traballo impediron que a conversa fora máis aló dunha hora. Pero foi un tempo dabondo para comprobar como Alfonso Álvarez Pazo vivía coma un tudense en terra allea, cun cariño realmente sorprendente pola súa cidade natal, conservando unha memoria prodixiosa, coñecia case pormenorizadamente cada rúa de Tui, cada casa e, se me apuran, a cada veciño... era capaz de debuxar unha rua tudense dende as suas lembranzas. Ficamos emprazados para unha conversa de vagar sobre as súas lembranzas e para falar paseniñamente da posibilidade dunha exposición da súa obra en Tui. Alfonso Álvarez Pazo que fixo centos de traballos publicatarios, algúns tan coñecidos como os espectaculares carteis do cine Fraga de Vigo, era, pola contra, increiblemente reservado para expoñer a súa obra artística, e desbotou en múltiples oportunidade realizar exposicións... unha obra ampla e vigorosa que segue, en grande medida, descoñecida. A presenza de dúas obras súas na exposición colectiva que vimos de clausurar susucitaban interese e reclamaban que, no futuro, poidesemos recuperar para esta cidade a obra de Álvarez Pazo.
Alfonso Alvarez Pazo naceu en Tui. Dende a súa mocidade afeccionouse ao debuxo, estando influenciado polas ilustracións da revista “La Esfera”. A súa primeira proxección artística reflectiuse nas carteleiras que anunciaban as películas do Teatro Principal tudense amaís doutros traballos realizados para os partidos de fútbol do antigo Racing e propagandas da fábrica de gallegas “La Peninsular”.
Na súa xuventude publicou unha serie de debuxos no “Faro de Vigo”, sendo animado polo correspondente deste xornal D. José García Sánchez e o poeta e escritor Gregorio Hernández Matias, ex-alcalde de Salamanca e colaborador do mesmo diario.
En 1932 fixa a súa residencia en Vigo dedicándose ao debuxo publicitario para varias industrias gráficas e axencias de publicidade. En 1951 foi requerido pola empresa Manuel Álvarez e Hijos na que prestou os seus servizos como xefe de publicidade ata a súa xubilación.
Os seus traballos ilustraron varios artigos periodísticos dos seus amigos Darío Álvarez Blázquez e Pedro Díaz Álvarez no seu libro “En Tui llueve diferente”.
De cando en vez, para mitigar a súa saudade, trasládase ata Tui para seguir paseando polas súas rúas e dende O Penedo estender a súa vista polas tranquilas augas do Miño que bordean as fermosas campiñas de Ganfei”
Do libro “Artistas tudenses”.
O tempo, foi traidor desta volta, e levouse o pasado venres a este egrexio pintor tudense, namorado da súa cidade. Finou Alfonso Álvarez Pazo sen que os tudenses de hoxe poidesen coñecer a súa obra, qué tremenda inxustiza... Sirva este pequeno tributo en lembranza súa coma homenaxe e testemuña de admiración porque como poucos soubo captar nos seus debuxos e acuarelas a luz da nosa cidade, a perfección do trazo, a minuciosidade do detalle curioso.. evidenciaban, sobre todo, unha grande técnica que amosa unha grande capacidade creativa propia dun artista. Descanse en paz Alfonso Álvarez Pazo, pintor de Tui como figuraba na súa esquela do pasado venres no “Faro de Vigo”.
Rafael Sánchez Bargiela

Comentarios

  1. Vaia, pois sí que é unha mágoa non coñecer a este artista. ¿Xa nunca máis poderemos ver as suas obras???

    Esa mostra do principio do texto é realmente moi interesante, de conto.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Un poema en galego de D. Basilio do ano 1957

A figura de D. Basilio, cóengo maxistral na catedral tudense e profesor durante varias décadas no Instituto San Paio, continua a ser lembrada por moitos tudenses pola súa erudición, especialmente no que atinxía á historia da nosa cidade como pola súa singular personalidade. Neste blog conmemoramos hai algúns anos o centenario do seu nacemento, o 14 de abril de 1911, ( https://tudensia.blogspot.com/2011/04/hoxe-centenario-do-nacemento-de-don.html ) reproducindo un breve artigo publicado no libro das festas de San Telmo dese mesmo ano  2011. Sinalabamos daquela que era unha persoa sumamente austera, todos o lembramos coa “teja” cubrindo a súa cabeza, a súa faciana morena, sempre vestindo unha raída sotana, fumando os “bisonte” sen boquilla que ofrecía a cantos a él se achegaban, a súa conversa sempre mesturada con referencias teolóxicas. Case todas as tardes, primeiro pedaleando na súa bicicleta, e anos máis tarde sobre a súa vella mobilette (algún día tivo de ser nova pero a miña le

A fábrica de galletas "La Peninsular"

Temos sinalado neste blog en diversas oportunidades o descoñecemento que posuimos da historia contemporánea de Tui fronte a outros períodos históricos moito mais investigados que a nosa historia mais recente. Aspectos como a vida política tudense na primeira metade do século XX seguen esperando un achegamento como tamén os procesos e dinámicas socias desenvolvidos no noso territorio. Hoxe ofrecemos en Tudensia un post sobre a fábrica de galletas “La Penínsular” que abrangue case medio século da vida económica tudense. Achegamos a información ofrecida polo profesor de historia económica da Universidade de Santiago de Compostela, Angel Ignacio Fernández González, no seu blog “Galicia Agraria” nun documentado post sobre a industria de galletas en Galicia nos principios do século XX. Aportamos a rica e moi completa información que achega profesor Fernández algunha pequena referencia da nosa autoria colocadas como notas. http://galiciaagraria.blogspot.com.es/2012/03/gall

Emma Álvarez Besada a primeira tudense doutora en medicina

O legado dunha comunidade está conformado por un conxunto de bens materiais, que adoitamos denominar patrimonio, xunto cun amplo abano de elementos inmateriais que definen o seu carácter e a súa pervivencia no tempo. Entre estes bens intanxibles ou inmateriais ocupan un lugar non menor aquelas personalidades que ao longo do tempo teñen deixado unha pegada perdurable na memoria colectiva ou aquelas outras que, ás veces esquecidas ou non recoñecidas, expresan na súa traxectoria fitos senlleiros para a vida colectiva. Hoxe queremos recuperar dende Tudensia unha desas figuras olvidadas pero que no seu momento histórico tiveron unha pegada significativa na vida social e colectiva da nosa cidade e de alén dos seus termos xeográficos. As novas demandas sociais se expresan tamén na historiografía que investiga aos grupos sociais discriminados ou marxinados nos diferentes momentos do pasado. Retrato de Emma Álvarez Besada, foto da orla da Facultade de Medicina de Madrid, 1931 Unha revis