Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de julio, 2011

De novo “sesión continua” co Teatro Principal

De novo o Teatro Principal de Tui recupera actualidade coa decisión da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia de non iniciar o expediente para a súa declaración como “Ben de Interese Cultural” ao estimar que non posúe o valor preciso para ser merecente de dita declaración. Remite a súa protección ao vindeiro Plan Especial do Conxunto Histórico tudense, actualmente en redacción, e a súa inclusión no ámbito do conxunto histórico de Tui, declarado BIC dende 1968. Unha lamentable noticia pero moi previsible. Xa dende este blogue comentamos no seu momento que as “instruccións” da Consellería de Cultura, dirixida daquela pola nacionalista Anxela Bugallo, á Fundación Teatro Principal de Tui para que solicitase a incoación do expediente de declaración como BIC do inmoble non era máis que unha típica manobra “política” para adiar un problema. A xustificación de que era precisa a súa condición de BIC para acceder aos fondos do 1% Cultural ou a outros financiamentos para a súa rehabilitación

"Heroísmo e grandeza de Tui" de Manuel D. Benavides

Hai hoxe 75 anos que coa sublevación de parte do Exército deu comezo a guerra civil en España. Nesta luctuosa historia a cidade de Tui ocupa un lugar relevente ao converterse na última localidade de Galicia en sumarse ao “Alzamento” militar. Un episodio relevante da nosa historia contemporánea que dexiou un ronsel de sofrimento, represión e morte. Recuperamos para conmemorar esta efeméride recuperamos un texto do escritor e xornalista Manuel Domínguez Benavides (Ponteareas, 1895 – México, 1947). Benavides, militante primeiro socialista e logo no exilio comunista, escribiu diversos libros, cun estilo de novela social ou política que combina o relato xornalístico coa narración literaria, nos que analiza os últimos anos da II República e a guerra civil. En 1933 publicou a súa primeira novela social “Un hombre de treinta años”, de corte autobiográfico e no   1934 “El último pirata del Mediterráneo”, obra sobre os «negocios» de Juan March, que foi un dos grandes éxitos populares da época. E

Gunvaldsborg: os viquingos en Tui

A historia tudense é xenerosa en episodios protagonizados por egrexias persoalidades que deixaron a súa pegada na nosa cidade e cuxa memoria conservamos como elemento senlleiro da nosa identidade. Nesa época, que algúns se empeñan en chamar "escura", da Idade Media, e que non ten máis escuridade que a escaseza de fontes históricas que posibiliten un axeitado coñecemento do noso pasado, os ataques viquingos á Galicia e, nomeadamente, a Tui –coa figura protagonista de Olav- son un lugar común do noso pasado que nos vencella cos pobos nórdicos e que confirma a dimensión atlántica da nosa terra. Aínda en Galicia non temos atopado restos arqueolóxicos que testemuñen a presenza viquinga pero conservamos referencias documentais e literarias sobre intercambios comerciais e as expedicions militares. Carecemos tamén de topónimos desa procedencia, aínda que para diversos filólogos termos náuticos como “babor”, “estribor”, “estai” ou “singradura” teñen unha orixe nórdica e que evidenci