Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2009

"Un conto de Natal" de Emilio Álvarez Blázquez

Dende "Tudensia" queremos felicitar a todos os nosos seguidores nestas inmediatas festas do Nadal pois, sen dúbida, que o seu alento e participacion neste blog supoñen os mellores azos para continuar nesta andaina de ofrecer esta fiestra aberta á historia de Tui e ás súas tradicións. Para celebrar estas datas ofrecemos de seguido un conto navideño da autoria de Emilio Álvarez Blázquez, posiblemente menos coñecido que os seus irmáns Darío e Xosé María, pero que era un fino escritor e un estupendo poeta aínda que cunha obra máis curta pero non por eso carente de interese. Noutra altura falaremos de Emilio Álvarez Blázquez neste blog, sirva agora este petisco como proba do seu quefacer literario. Que a luz do Enmanuel que celebramos nestas datas alumee na vida de todos. ¡Bo Nadal! Medallón do retábulo de Nosa Señora do Rosario na Igrexa de San Domingos, sec. XVIII CONTO DE NATAL Por Emilio Álvarez Blázquez A mula tíralle o couce, A vaca bótalle o alento; Maldita señas

Ricardo Blanco Cicerón

O pasado martes 15 de decembro foi inaugurada no Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela, unha exposicion que co titulo de “Olladas dunha época” recolle unha escolma das fotografias do chamado “Fondo Blanco-Cicerón” que se custodia no devandito Museo. Como podemos comprobar na portada do catálogo que acompaña a este “post” a cidade de Tui é unha das protagonistas desta mostra que amosa unha selección das fotografías que conformaban a colección de Ricardo Blanco-Cicerón (Tui 1844 – Santiago 1926). Son na súa meiranda parte instantáneas da época do cambio de século, entre 1890-1910, e que respostan ao interese coleccionista de D. Ricardo que conformou ao longo da súa vida a, posiblemente, a máis ampla colección de caracter cultural que teña existido en Galicia: obxectos prehistóricos, artísticos, etc. que nutren hoxe en boa medida os museos da nosa terra. Esta mostra organizada conxuntamente polo Museo do Pobo Galego e o Centro Galego de Artes da Imaxe poderá ser visitada

Suso Vila e Ernesto Iglesias, dous tudenses logran os Premios de Historia Medieval de Galicia e Portugal 2009

Parabéns dende Tudensia a dous historiadores tudenses que en días pasados teñen resultado gañador e finalista da nova edición dos "Premio de Historia Medieval de Galicia e Portugal" que convoca anualmente a editorial Toxosoutos xunto ás Fundacións Comarcais de Muros e Noia. Desta volta foi Suso Vila que logrou a primeiro premio coa súa obra "A mecánica do linaxe no espazo medieval galego, a casa de Soutomaior (1147-1532)". Nesta obra Vila Botanes aniliza o percorrido histórico desta casa nobiliar que tivo tan grande influencia, especialmente, no dous últimos séculos da Idade Media na nosa zona. Nomes como o popular Pedro Madruga, sobrenome de Pedro Álvarez de Soutomaior -conde de Caminha e Vizconde de Tui-, Paio Sorreda de Soutomaior, os bispos tudenses Juan Fernández de Soutomaior... son representantes desta linaxe que marca unha época na vida da zona tudense, coas suas luces e moitas sombras... agardamos que esta obra se Suso Vila nos ofreza unha nova perspectiva

Un camiño sen pegadas

Publica hoxe, venres 11 de decembro, o "Faro de Vigo" no seu suplemento "Entre ríos, Baixo Miño / Louriña" unha columna de opinión sobre o chamado camiño portugués "da costa" que reproducimos, aínda que sentimos non poder ofrecer una enlace directo ao xornal, pois este suplmento non se publica na rede. UN CAMIÑO SEN PEGADAS Ponte medieval en Ribadelouro - camiño portugués A Lei Lei 3/1996, de 10 de maio, de protección dos camiños de Santiago, establece que reciben o nome de Camiño de Santiago de todas as rutas históricas recoñecidas documentalmente . A historicidade do camiño é un elemento consustancial á propia existencia do Camiño, pois a peregrinación é un elemento inherente a súa identidade. O importante pulo acadado pola peregrinación a Santiago nos últimos anos basease, en boa medida, na recuperación dunha tradición histórica, na revitalización deste legado histórico do que se conservan testemuños documentais. Por tanto, resulta impre

Cen anos dos Maristas en Tui

O pasado sábado, 5 de decembro, o Concello de Tui fixo entrega ao Instituto dos “Irmáns Maristas” ao cumprirense os cen anos da presenza deste instituto na nosa cidade da medalla de ouro do Concello nun acto institucional. Aproveitamos esta circunstancia para rememorar brevemente o itinerio percorrido por estes relixiosos na súa xa centenaria estadia na nosa cidade. A Congregación dos Irmáns Maristas foi fundada en Francia en 1817 polo presbítero Marcelino de Champagnat (1789-1840), canonizado no ano 1999, coa finalidade de dedicarse á alfabetización e a educación de mozos e nenos das áreas rurais. A experiencia do propio Champagnat no ensino rural, na Francia post-revolucionara, con profesores incompetentes, onde a violencia física estaba xeralizada (él memos deixo a escola logo do castigo dun dos seus compañeiros) e que promovia o laicismo, levouno a fundar en 1818 unha escola no seu pobo natal que foi xérmolo da orde dos Maristas, integrada exclusivamente por laicos que acadou o