Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2013

Sebastián de Ocampo, mercader e navegante tudense nos inicios da conquista americana (1460 - 1514)

No ano 2005 a Xunta de Galicia procedeu á botadora dun barco para o seu servizo de gardacosta que foi denominado co nome de “Sebastián de Ocampo” lembrado ao navegante galego que fora o primeiro en circunnavegar a illa de Cuba no ano 1506. Se procuramos na Gran Enciclopedia Galega na biografía deste ilustre mariño figura como nado na vila de Noia. Hai poucos días recibin un correo electrónico no que unha investigadora me solicita información sobre Ocampo, especialmente algunha imaxe ou fotografía da previsible estatura que tería na súa localidade natal, Tui. A miña sorpresa foi grande, pois estabamos diante dun nome que en ningún momento tiña vencellado á nosa cidade, carecendo de dato algún sobre a súa ascendencia tudense. A miña sorpresa se incrementa cando rapidamente solicito axuda a Wikipedia onde si figura que era natural de Tui. Xa non atino, non dou crédito. Superada a sorpresa inicial, unha búsqueda máis pormenorizada de información sobre o noso personaxe lévame a un doc

Cen anos de "Chonchiña" Concheiro: unha páxina viva e vital da nosa historia

O pasado 1 de maio Asunción Concheiro García, "Chonchiña", viuva do Dr. Francisco Comesaña cumpriu, en México, cen anos de idade, Dende Tudensia nos sumamos as felicitacións polo aniversario desta tudense de adopción, e recollemos a columna que asinamos no xornal "La Voz de Galicia" o xoves 2 de maio. "Chonchiña" con familiares e e amigos na súa festa de aniversario. Non está permitida a súa reproducción sen autorización. Cen anos de "Chonchiña":  unha páxina viva e vital da nosa historia contemporánea Celebrar centenarios é facer referencia inevitablemente á historia, é unha evocación que realizamos pola súa actualidade ou, cando menos, pola perennidade da súa significación. Hoxe nos sumamos á celebración dos cen anos de dona Asunción Concheiro García, “Chonchiña”, viuva do Dr. Francisco Comesaña Rendo. “Chonchiña” vive dende hai dous anos en México onda a súa familia e ata aquelas terras pretendemos chegue o eco rumoro