Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2010

O libro de "toma de hábitos" das Clarisas tudenses de 1569

O Mosteiro de Nosa Señora da Concepción conserva, amáis do seu importante conxunto arquitectónico e escultórico, un abondoso conxunto de obxectos mobles de singular interese que supera o propio ámbito da comunidade monástica. A exposición celebrada en outubro de 2008 para conmemorar o quinto centenario da súa presenza en Tui posibilitou que poidesemos achegarnos, por vez primeira, ao coñecemento e disfrute deste obxectos que conservan con especial agarimo as nosas benqueridas “Encerradas”. Entre os obxectos de uso litúrxico e devocional salientaba un libro manuscrito Xa Ernesto Iglesias Almeida tiña dado noticia deste libro nun artigo publicado en “Anuario da gaita” nº 11 (1996) da Escola Provincial de Gaitas de Ourense, titulado “Un gaiteiro tudense do século XVI” no que da a coñecer unha curiosa representación deste personaxe, cicáis unha das imaxes máis antergas dun gaiteiro. Sobre este mesmo debixo escribiu, en novembro pasado Mendez Ferrin un fermoso artigo na súa secció

"Un viaje a Portugal", texto de Manuel Murguia de 1861

Recollemos hoxe en Tudensia un texto de Manuel Murguia publicado na revista madrileña “El museo universal”, editada entre 1857-1869, e que recolle a crónica dunha breve visita ás cidades irmás de Tui e Valença do Minho, anos antes da construcción da ponte internacional e cando ambas localidades vivian nunha conxuntura de certo estancamento: Tui tras a perda da capitalidade provincial non lograba superar aquela crise, namentras que Valença pola sua condición de enclave militar tampouco podia desenvolver outras das suas potencialidades. Anotar, finalmente, que cómpre ler este escrito de Murguia no contexto tanto histórico como historiográfico daquel momento da segunda metade do século XIX para comprender axeitadamente as súas afirmacións. "Transbordo en Tui" en "La Ilustración Española y Americana" año XXX, nº 15, de 22 de abril de 1886 en "La Comisión española de Panamá: apuntes de un viaje" UN VIAJE A PORTUGAL Una mañana de octubre, en la que

Florencio Rodríguez Vaamonde, politico e xurista tudense do século XIX

A historia contemporánea de Tui, especialmente no século XIX, agocha numerosos nomes de egrexias personalidades que realizaron importantes achegas á vida política e social do pais. Nomes como Augusto González Besada, Ezequiel Ordoñez ou o seu fillo Mariano, aínda posuen unha lembranza entre os nosos veciños, pero existen senlleiras figuras que fican no esquecemento colectivo, únicamente obras como o libro de Manuel Fernández-Valdés sobre as familias antigas de Tui nos aportan datos para o seu coñecemento. Hai pouco chego ás miñas máns un pequeno opúsculo, de 12 páxinas, editado en Madrid no ano 1886 e titulado “Necrologia del Excmo. Sr. D. Florencio Rodríguez Vaamonde, presidente de la Real Academía de Ciencias Morales y Políticas, leída en sesión ordinaria de 26 de octubre de 1886 por el Excmo. Sr. Conde de Torreánaz, individuo de número de la misma”. Este libriño recolle pois un discurso laudatorio realizado en lembranza de Florencio Rodríguez logo do seu pasamento. A semblanza q