Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de agosto, 2021

Peregrinos por los caminos portugueses en la historia (La Voz de Galicia, 29.08.2021)

  O pasado 20 de agosto o xornal La Voz de Galicia publicaba un artigo titulado “ Polémica en el Camino Portugués: ¿Va por Tui o por la costa? ” asinado por Rebeca Cordobés ( https://venagalicia.gal/noticia/2021/08/20/polemica-camino-portugues-va-costa-tui/00031629459513682757620.htm ) que contén un cúmulo de inexactitudes e erros, froito do descoñecemento da historia e significación das rutas xacobeas no norte de Portugal que me levou a preparar unha breve nota, publicada onte domingo no mesmo diario, para clarexar unha realidade histórica que non é cuestionable por moitas noticias que se publiquen. PEREGRINOS POR LOS CAMINOS PORTUGUESES EN LA HISTORIA Publicaba el pasado sábado 21 de agosto este diario un artículo ciertamente sorprendente. Primero porque habla de una guerra en el Norte de Portugal sobre los caminos jacobeos evidenciando toda la crónica un desconocimiento de la situación. En el Norte de Portugal no existe ninguna duda, el Camino Portugués, central, que desde Opo

León de Rosmithal, nobre de Bohemia, viaxeiro e peregrino en Tui hai 555 anos

  A peregrinación a Compostela é un fenómeno complexo que ven dende o século IX, pouco despois da “inventio” ou descubrimento dos restos do apóstolo Santiago polo eremita Paio en tempos do bispo de Iria, Teodomiro, e que chega ata os nosos días con un novo renacemento da peregrinación xacobea como comprobamos nestes últimos anos. Practicamente dende os inicios do culto apostólico xacobeo será Portugal un lugar referencial na devoción santiaguista e da peregrinación á catedral compostelá. Lembremos que será a igrexa de Castelo de Neiva, nas proximidades de Viana do Castelo, o primeiro templo dedicado á memoria do apóstolo, que xa dende o século IX temos constancia de peregrinos portugueses, especialmente de varios dos seus monarcas...   De tal forma que a peregrinación dende as terras de Portugal congrega dende os primeiros tempos a un importante continxente de peregrinos. A inmensa maioría dos peregrinos non deixaron constancia perdurable no tempo do seu camiño e permanecen no anonim

Factum fuit hoc placitum apud Tudam in riva Minii, o Pacto de Tui de 4 de xullo de 1137

  No ano 2017 promovéuse a conmemoración do 880 aniversario da sinatura dun acordo ou pacto entre o futuro monarca portugués, Afonso Henriques, e o emperador Alfonso VII. Un pacto bautizado pola historiografía co nome da nosa cidade, o Pacto de Tui. Afonso VII, o emperador.  Ás veces este acordo é presentado como un fito nas relacións entre o nacente reino de Portugal e o reino de León e Castela, unha relación moi esaxerada que non responde á realidade histórica. O Pacto de Tui non deixa de ser un acordo entre o futuro rei portugués, Afonso Henriques e o monarca castelán-leonés, Alfonso VII, o “emperador”.  Non podemos afirmar que é “ un dos acontecementos históricos máis importantes do século XII ” [1] pois, como veremos, foi un dos diversos pactos ou acordos asinados entre ambos monarcas no contexto das continuas tensións territoriais e das disputas dinásticas que caracterizan a eses tempos de conformación das entidades territoriais no norte da Península. Para contextualizar axe