Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2010

DCCLXXXV aniversario da consagración da Catedral de Tui

Conmemórase o 30 de novembro o aniversario da consagración da Catedral de Tui no ano 1225 polo bispo Estevo Exea. Este aniversario do monumento máis sobranceiro da nosa cidade, auténtico símbolo dos tudenses, danos ocasión para recuperar un texto de Manuel Murguía sobre a nosa Catedral publicado na súa monumental obra "Galicia", editada en 1888. Trátase da introdución ao estudo pormenorizado do templo, no que Murguia aborda a continuidade histórica da ocupación do recinto histórico tudense. Ilustración na obra, pero colocada inversamente á realidade Casi todas las Catedrales gallegas ocupan un antiguo lugar sagrado, la de Tuy más visiblemente que ninguna de ellas. Asiéntase en la corona del viejo castro que se denominó en otros tiempos Castellum Tude y como si tratase de recordar eternamente su primitivo destino se presenta a nuestros ojos bajo el doble aspecto de basílica y fortaleza. Perdió la iglesia compostelana los cubos y defensas que en otro tiempo la adornaban y l

O Camino de Santiago en Tui (VI): peregrinos do século XVII

Ao longo do século XVII existen numerosos e moi importantes relatos sobre peregrinos que visitan a nosa cidade no seu tránsito xacobeo. Comezaremos polo periplo que realiza Sobieski , pai do que foi rei de Polonia Xoán III, que visita o sartego de Compostela en 1611 e que logo se encamiña cara Lisboa pola ruta tradiciónal dos peregrinos: Tui-Valença, Ponte de Lima, Porto e Lisboa. Recolle F. Calo que Samuel Purchas publicou en 1625, un iti nerario inglés en verso que debeu ser feito a finais do século XV; relata que dende Santiago marchou polo camiño portugués e dende Pontevedra chega á cidade do “Corpe Sante”, a última de Galicia, na beira do mar e que non pode ser outra cidade que Tui. En 1672 se publicaron os oito libros de viaxes de A. Jouvin , dedicado o segundo deles a España e Portugal, describindo pormenorizadamente o camiño portugués. Aos poucos anos, no ano santo de 1677, está documentada a peregrinación da duquesa de Aveiro polas nosas terra tudenses e valencianas.

O Camiño de Santiago en Tui (V): peregrinos no século XVI

Continuamos a serie sobre o Camiño de Santiago en Tui coas referencias ás peregrinacións xacobeas en Tui no século XVI: No ano 1532 Frei Claude de Bronseval e o seu señor o abade don Edme de Salieu culminan en Tui o seu periplo de dificultades por atopar aloxamento como peregrinos: “ Tivemos graves problemas para aloxarnos. Os habitantes ríanse de nós, como se fosemos bárbaros ou sarracenos. Ao ver isto dous irmáns da Orde de predicadores levaronnos ante unha anciá a quen lle suplicaron que nos dera aloxamento. Foi o noso último aloxamento en Galicia e dicían que era moi bo, pero en realidade era moi malo ”. En 1537 o viaxeiro italiano Nicolás Cleonardo , preceptor dos infantes portugueses, narra a súa viaxe dende Evora ata Compostela; na ida realizou o camiño por Ponte de Lima e Tui, namentras que ao regreso tras cruzar o rio Miño na barca de Tui, voltou a Ponte de Lima pero dende alí visitou Viana do Castelo para retornar ao interior por Barcelos. Entre 1567 e 1568 Sexism

Apuntes para unha biografía de Darío Álvarez Blázquez

O pasado martes 26 de outubro o Concello de Tui rendéulle unha homenaxe a doutor Darío Álvarez Blázquez ao cumprirense o centenario do seu nacemento o 30 de setembro. Con este motivo descubriuse unha placa conmemorativa na que foi a súa residencia na rúa San Telmo (daquela número dous... hoxe número cinco por azares administrativos...). No suplemento “Baixo Miño / Louriña” do "Faro de Vigo" do pasado sábado 30 de outubro publiquei est pequena biografia do egrexio tudense, que agora reproducimos un chisco ampliada en Tudensia. Apuntes para unha biografía de Darío Álvarez Blázquez A presenza da familia Álvarez na vella cidade tudense percorre boa parte do século XX. A súa pegada, de xeito directo ou indirecto, está presente en numerosos acontecementos da vida social (no seu máis amplo sentido) de Tui ao longo de moitas décadas. Primeiro coa chegada a Tui do médico Darío Álvarez Limeses, exercendo o seu labor asistencial ao longo de tres décadas, paralelamente ao seu