Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de junio, 2019

A implantación do Sistema Métrico Decimal en Tui no ano 1880

O século XIX é un período de modernización das diversas estruturas sociais e políticas que conformaron o denominado Antigo Réxime en España e Galicia. Serán as Cortes de Cádiz o momento simbólico do cambio de época cos seus acordos que establecen a derrogación dos señoríos, das xurisdicións, da Inquisición, etc iniciándose un camiño tortuoso pero xa irreversible. Vista de Tui en La Ilustración Gallega y Asturiana, 1879 Pero os cambios sociais e políticos supoñen tamén en moitos casos cambios nas mentalidades, nos usos e costumes que, en moitas oportunidades, levan un ritmo de aplicación mais paseniño. A creación do Sistema Métrico Decimal é unha das consecuencias da Revolución Francesa, pois en 1791 a Asemblea Nacional de Francia aprobou un sistema de medida baseado nas unidades de medida e lonxitude da masa, materializadas mediante una barra e un cilindro de platinos depositados nos Arquivos da República francesa en 1799. En España existía historicamente, como en