Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de agosto, 2023

Abraham Bitom e a súa esposa Cinfana, xudeus de Tui en 1445

A aportación que as novas tecnoloxías da comunicación realizan no ámbito da comunicación, especialmente a través de internet e os procesos de dixitalización de fondos documentais para a súa conservación e difusión posibilitan que sexa posible acceder ao coñecemento de novas achegas que enriquecen o noso coñecemento, no caso que nos atinxe, referidos aos pasado histórico. Así podemos coñecer un documento conservado no Arquivo Municipal de Porto do ano 1445 [1] que forma parte do arquivo documental da Familia Brandão Pereira. Esta familia forma parte da elite portuense do Renacemento, baseando unha ampla fortuna gracias ao desempeño do cargo de Contador no Porto, concedido como recompensa polo rei Afonso V polo apoio recibido deste grupo familiar. A documentación conservada abrangue do século XIV ao XVIII. Entre a documentación conservada nesta colección hai un pergameo de grande interese para a historia tudense, pois recolle a mención a Abraham Bitom e a súa muller, Cinfana, reside