Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de 2019

O sistema amurallado tudense (II): a falsa braga ou barbacana do século XV-XVI

Continuamos publicando en “Tudensia” os artigos que publico na sección “Porta das Trabancas” no diario dixital “Comarcas na rede”. Na primeira entrega falabamos da muralla tudense en época medieval e como este sistema fortificado aínda está presente na configuración urbana de Tui e podemos ollalo en diversos lugares da nosa cidade.

Como sinala Iglesias Almeida “parece que la muralla tudense quedó, a lo menos en su principio, bajo el dominio real. De esta manera se entiende que los judíos tuviesen su Sinagoga junto a la misma en la antigua zona de A Oliveira, circunstancia que de una manera general se daba en la mayoría de las ciudades españolas como acogimiento de este colectivo humano bajo el directo poder real, fruto de substanciosos tributos”.
Ao longo da Idade Media o mantemento da muralla foi obxecto de múltiples polémicas ao estar compartido entre o Cabido da catedral e o Concello. O 2 de agosto de 1419 o bispo Juan Fernández de Soutomaior II convoca ao Cabido da Catedral e ao Con…

O sistema amurallado tudense (I): a muralla medieval

Dende a pasada fin de semana comecei unha sección quincenal no diario dixital “Comarcas na rede” (www.comarcasnarede.com) onde irei ofrecendo pequenos artigos de divulgación sobre o patrimonio cultural tudense e da súa contorna co obxectivo de achegar aos lectores deste dixital ao coñecemento da nosa cidade e os seus recursos culturais e turísticos. Considerando que tamén para os lectores de Tudensia poden resultar de interese estas colaboracións introducirei neste blog estas colaboración, recollidas nunha sección que denominamos “Porta das Trabancas” en referencia ao único postigo da muralla medieval tudense aínda hoxe conservado pero fora da ollada de veciños e visitantes.
Detalle do plano de Tui de Francisco Coello de 1856, onde
Se percibe a muralla medieval e a posterior ampliación da idade Moderna

A vella acrópoles tudense posúe unha alongada historia que reclama sempre a nosa atención pois nunha continuidade histórica ben documentada, alo menos dende os tempos da invasión romana da…

55 anos do Descenso do Miño

Hoxe sábado, 10 de agosto de 2019, a cidade de Tui acollerá unha nova edición do Descenso Internacional do río Miño, unha proba deportiva que cada ano se consolida como referente do deporte da piragua en Galicia pero tamén como un importante recurso turístico. Así foi recoñecido o pasado ano coa declaración, pola Xunta de Galicia, do Descenso do Miño como festa de interese turístico galego.


Celebramos este ano o 55 aniversario do inicio desta proba e a XLVIII edición deste Descenso (debido a que entre os anos 1969e 1977 non puido celebrarse esta competición por diversos problemas de orzamento) e dende este bloque queremos lembrar os inicios deste evento deportivo, rememorando especialmente a súa primera edición o 23 de agosto de 1964.
Achegarse aos inicios do Descenso do río Miño é tamén un xeito de achegarse aos importantes esforzos da sociedade tudense pola valorización e aproveitamento do río Miño. A perdida das condicións de navegabilidade deste tramo do río, a desaparición do tráf…

"Tuy y sus problemas arqueológicos" artigo xornalístico de 1953 de Manuel Fernández-Valdés

Foto: Escavación no entorno da Catedral, 1965
Achegamos hoxe de novo un artigo xornalístico de Manuel Fernández-Valdés Costas, cronista oficial de cidade de Tui, un dos principais investigadores da historia tudense e tamén dos máis esquecidos, publicado no xornal El Pueblo Gallego de Vigo co gallo das paxinas especiais dedicadas ás festa de San Telmo.

Manuel Fernández Costas (Tui, 1887-1962) reclama una biografía que nos achegue a súa importancia e significación. No volume III da revista “Tuy. Museo y Archivo Histórico Diocesano” (1980) o seu fillo Eloy publica unha moi breve biografía e unha moi interesante achega ás súas publicacións, especialmente en xornais e revistas, pois en formato libro unicamente saíron do prelo dúas obras da súa autoría. Unha de carácter profesional (foi funcionario do Corpo Pericial de Aduanas) titulada “Arbitrios, impuestos y recargos que liquidan las aduanas en la importación y exportación de mercancias” (Madrid, Editorial Plutarco, 1948) e outra sobre his…