Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de agosto, 2013

A Cova da Trapa na web do Clube Mauxo

Os amigos do Clube Mauxo de Espeleoloxia realizan un meritorio labor de investigación sobre o noso territorio; ao seu bo qefacer debemos o descobrimento da cova da Trapa, na parroquia tudense de Ribadelouro, a cova granítica máis extensa do mundo e que constitúe polas súas características físicas e os recursos asociados un excepcional elemento patrimonial do noso municipio. Hai agora dous anos Tui acolleu o 12º Simposio Internacional do Pseudokarst organizado polo Clube  Maúxo e que do serviu para afondar no coñecemento deste fenómenos naturais,  como esta Cova da Trapa Agora na súa páxina web o Clube Mauxo está publicando un estudo sobre esta Cova da Trapa que polo seu interese recollemos neste blogue ao tempo que felicitamos ao Clube Mauxo polo seu excelente traballo e nos sumamos a súa reclamación de solicitar a declaración de "Monumento natural" para este excepcional enclave tudense.   http://clubemauxo.com/2013/07/26/a-gruta-do-monte-aloia-i-o-mito-dos-milag

Historia da Eurocidade (III)

A consolidación de la monarquía leonesa permite que no ano 1071 o rei Don García e a súa esposa Dona Urraca restauran de novo a sé episcopal tudense co  bispo Xurxe que se instala no  mosteiro de San Bartolomeu. O apoio rexio se traduce no 1095 na concesión ao bispo do señorío temporal da cidade de Tui e o seu couto, que abrangue ambas ribeiras do río Miño, boa parte do actual territorio da Eurocidade. San Bartolomeu de Rebordáns Foto tomada de  http://proyecto118.blogspot.es/i2012-04/ O nacemento do reino de Portugal establece unha nova dinámica. Os intentos de ambos monarcas por controlar o territorio tudense provocará que, durante varios séculos, sexa escenario de sucesivos episodios bélicos. Con todo, o río Miño se consolida como a fronteira entre ambos reinos –a fronteira máis antiga que existe na actualidade en Europa- sen impedir a vida común entre as súas poboacións e que a diocese tudense ata o século XV se extenda dende o Verdugo ao Limia. Asi en 1121 y 112