Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2024

Un poema en galego de D. Basilio do ano 1957

A figura de D. Basilio, cóengo maxistral na catedral tudense e profesor durante varias décadas no Instituto San Paio, continua a ser lembrada por moitos tudenses pola súa erudición, especialmente no que atinxía á historia da nosa cidade como pola súa singular personalidade. Neste blog conmemoramos hai algúns anos o centenario do seu nacemento, o 14 de abril de 1911, ( https://tudensia.blogspot.com/2011/04/hoxe-centenario-do-nacemento-de-don.html ) reproducindo un breve artigo publicado no libro das festas de San Telmo dese mesmo ano  2011. Sinalabamos daquela que era unha persoa sumamente austera, todos o lembramos coa “teja” cubrindo a súa cabeza, a súa faciana morena, sempre vestindo unha raída sotana, fumando os “bisonte” sen boquilla que ofrecía a cantos a él se achegaban, a súa conversa sempre mesturada con referencias teolóxicas. Case todas as tardes, primeiro pedaleando na súa bicicleta, e anos máis tarde sobre a súa vella mobilette (algún día tivo de ser nova pero a miña le

Lembrando a Eusebio Page, fillo adoptivo de Tui, no CXXXVIII aniversario da inauguración da Ponte Internacional

A celebración este vindeiro luns 25 de marzo do CXXXVIII aniversario da inauguración da Ponte Internacional sobre o río Miño nos ofrece a oportunidade de abordar a historia desta obra de enxeñaría, convertida neste tempo no símbolo das relación non xa entre Tui e Valença, entre Galicia e o Norte de Portugal senón incluso entre España e Portugal. Son numerosos os traballos que se achegan á historia desta ponte de ferro secular, tamén neste blog Tudensia [1] , así como os nomes ligados á construción desta obra de enxeñaría que no seu día suscitou enormes esperanzas neste territorio e, moi especialmente, na cidade tudense. Aínda hoxe conservamos no rueiro tudense nomes de persoeiros ligados á construción desta ponte a quen o Concello de Tui dedicoulle unha rúa en gratitude polas súas xestión e compromiso con esta obra pública. É o caso de Lorenzo Cuenca, cuxo nome substitúe á rúa Real ou rúa de Abaixo, e de Ezequiel Ordoñez, o eterno deputado polo distrito, que da nome á rúa da Praza.