Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de septiembre, 2020

Posibles vestixios do hospital de San Xián dos Gafos na rúa do Rollo

  Ven de saír do prelo un novo número, o sexto, de “Castellum Tyde, revista do Instituto de Estudios Tudenses” que recolle unha serie de artigos de investigación sobre diversos aspectos da rica historia tudense. Agradecese que o Concello de Tui siga financiando esta publicación xa imprescindible para achegarse ao coñecemento da historia e do patrimonio tudense. Entre os artigos contidos neste número, figura unha nova achega do cronista oficial da nosa cidade, o investigador Ernesto Iglesias Almeida, dedicado ao antigo Hospital de San Xián dos Lázaros, ou Gafos, existente no arrabalde do Rollo dende a Idade Media e cuxa lectura recomendamos ao axudarnos a recuperar a súa memoria. Xunto ao hospital de pobres e peregrinos, localizado á beira da catedral, tamén dependía, en época medieval, do Concello tudense estoutro Hospital, o de San Xiao dos Gafos, no arrabalde do Rollo, que atendía aos enfermos máis temidos daqueles tempos: os leprosos, chamados tamén “os gafos”. Non coñecemos o m

Parlamentarios tudenses (XI): Alfonso Senra Fernández, deputado por Ordes

No ano 1916 accedeu ao Congreso dos Deputados outro tudense, Alfonso Senra Bernárdez , aínda que como representante do distrito de Ordes (A Coruña). Alfonso Senra naceu  en Tui o 7 de xuño de 1877, na casa da Corredoira onde estivo a imprenta e libreria Baquero. O seu pai foi interventor na Depositaria do distrito de Tui e logo conseguiu a praza de Xuíz Municipal en Vigo, deputado provincial por Ponteareas. A familia trasladou se ao pouco tempo de nacer Alfonso, á cidade de Vigo, onde o seu pai Ricardo Senra Fernández, ocupou diversos cargos na administración pública e mesmo a Alcaldía viguesa en dúas ocasións deixando boa sona coa súa xestión. Tomado dun folleto sobre Alfonso Senra,  editado polo Obradoiro de Historia de Ordes Tras estudiar Dereito achegouse ao mundo do xornalismo dende o que accedeu á política. Na súa traxectoria, realizada tras o seu traslado a Madrid, cómpre salientar os seguintes cargos: Deputado por Ordes en 1918, 1919, 1920 e 1923, Tenente de Alcalde no Conc

Visitas rexias a Tui. Dende 1502 con Manoel I de Portugual ningun outro monarca visitou Tui

Coñecedor da noticia da visita mañá mércores de S.M. El Rei D. Filipe VI á nosa cidade, concretamente á Comandancia Naval do Miño, inmediatamente xorde o interese por coñecer as anteriores visitas de monarcas á nosa cidade. Hai mais de cinco séculos que non visita Tui ningún monarca en exercicio. A última visita foi do rei portugués Manuel I no ano 1502 na súa peregrinación a Compostela.  Con brevidade faremos unha enumeración sinxelas destas visitas rexias á nosa cidade que non pretende ser exhaustiva, pois varios dos seguidores deste blog nos reclaman este post e non houbo tempo de consultar a documentación e bibliografía necesaria. Sirvan estas notas como un apunte abondoso. Como sempre o extraordinario traballo de Francisco Ávila y La Cueva, “Historia civil y eclesiásticas de la ciudad de Tuy y su obispado”, é a fonte básica de información para enumerar estas visitas rexias á nosa cidade, que trataremos de presentar cronoloxicamente. Carecemos de noticias sobre a presenza dun m