No ano 1916 accedeu ao Congreso dos Deputados outro tudense, Alfonso Senra Bernárdez, aínda que como representante do distrito de Ordes (A Coruña).
Alfonso Senra naceu en Tui o 7 de xuño de 1877, na casa da Corredoira onde estivo a imprenta e libreria Baquero. O seu pai foi interventor na Depositaria do distrito de Tui e logo conseguiu a praza de Xuíz Municipal en Vigo, deputado provincial por Ponteareas. A familia trasladouse ao pouco tempo de nacer Alfonso, á cidade de Vigo, onde o seu pai Ricardo Senra Fernández, ocupou diversos cargos na administración pública e mesmo a Alcaldía viguesa en dúas ocasións deixando boa sona coa súa xestión.
Tras estudiar Dereito
achegouse ao mundo do xornalismo dende o que accedeu á política. Na súa
traxectoria, realizada tras o seu traslado a Madrid, cómpre salientar os
seguintes cargos: Deputado por Ordes en 1918, 1919, 1920 e 1923, Tenente de
Alcalde no Concello de Madrid, Deputado provincial por Madrid, polo distrito de
Hospital-Congreso.
Nesta etapa, entre 1916
e 1923, baixo as ordes do ministro
madrileño Rafael Gasset Chinchilla, de quen se declara seguidor, ocupará Senra
a Subsecretaría do Ministerio de Fomento e posteriormente a Dirección Xeral de
Minas, Metalurxia e Industrias Navais. Tamén formará parte do equipo do
ministro lugués Manuel Portela Valladares durante o seu breve paso polo
Ministerio de Fomento en 1923 ata o golpe de Estado.
En principio figuraba
afiliado ao Partido Liberal, na facción gassetista. Na lexislatura de 1923
proclámase liberal agrario.
Posteriormente, Senra
foi avogado da Unión Patriótica o partido promovido polo réxime durante a
Ditadura de Primo de Rivera e membro da Asemblea Nacional Consultiva en dúas
lexislaturas: 1927-1928 e 1928-1929.
En outubro de 1928 padeceu
un drama familiar: un dos seus fillos, Alfonso Senra Díaz, asasinaba a súa
noiva, Dolores Polo, porque a rapaza o enganaba con Enrique Meleros, director
da revista "Cosmópolis", publicación na que a vítima colaboraba como
xornalista.
Manuel Fernández-Valdés
nos informa que Alfonso Senra se casó
en Madrid, en 1904, con Doña Ascensión Díaz Ramírez, hija del coronel de
Infantería, después general, D. Francisco Díaz. Hizo la petición de mano, el
abogado tudense, Presidente de la Diputación Provincial de Madrid, D. Ricardo
F. Pérez de Soto, y bendijo la unión otro tudense, D. Ricardo del Río y Mora, canónigo
en Madrid. Al igual que tantas otras familias, estos Senras buscaron otros
derroteros y se alejaron defintivamente de Tuy””.
Destacou como
xornalista nas columnas de “Diario Universal”, “La Época”, “La Nación” y “El
Imparcial”. Especializouse na crónica de tribunais acadando un gran prestixios,
ata o punto que o Colexio de Avogados de Madrid ao instituír un premio anual á
mellor crónica de tribunais acordou denominalo “Premio Manuel Tercero y Alfonso
Senra”. Foi vicepresidente primeiro do Ateneo de Madrid entre 1926 e 1930,
nunha Xunta Directiva que é imposta pola Dictadura de Miguel Primo de Rivera,
por Real Orden de 25 de xuño de 1926, substituíndo “ilicitamente” á xunta
elixida polos socios da que formaban parte Gregorio Marañón o Luis Jimenez de
Asua, opostos á Ditadura.
Publicou dous libros:
·
Laicismo y neutralidad en los hospitales, 1913.
·
Del 10 de Agosto a la Sala Sexta del
Supremo, 1933.
Mantivo unha activa
relación co seu distrito de Ordes, que controlaba o cacique local, o avogado
Saturnino Aller Rodríguez. Nun folleto editado polo Obradoiro da Historia
recollese que: Visitou a vila de Ordes en varias ocasión sendo recibido
polos veciños con grande suntuosidade. No ano 1922 conseguiu unha axuda do
Estado para colocar o adoquinado e construír os paseios da “Calle Real”, tamén
xestionou material docente e para amañar a igrexa parroquial, para a cual a súa
muller donou un Crisro que está colocado no lateral do templo. Como
agradecemento foi nomeado “fillo adoptivo” da vila en 1923 e a “Calle Real”,
rúa principal de Ordes, pasou a denominarse “Avenida Alfonso Senra”.
Tras a Guerra Civil se
incorpora á administración franquista e participa como membro do Tribunal de
Responsabilidades Políticas de Madrid e como Asesor da Delegación Nacional de
Justicia y Derecho. Finou na capital do Estado o 9 de decembro de 1951.
Comentarios
Publicar un comentario