Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de agosto, 2014

O humanista tudense Álvaro de Cadaval

Escultura de A. de Cadaval na fachada da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela O tudense Álvaro de Cadal segue sendo un gran descoñecido na súa cidade natal, aínda cando para autores como Ramón Otero Pedrayo constitúe o mais egrexio representante do Renacemento en Galicia. Álvaro de Cadaval , nace en Tui, e así o afirma nalgunha oportunidade, cara o ano 1505. Na nosa cidade vivían os seus pais Juan de Cadaval Valladares , escudeiro e señor da Casa de Arcos, e María Alvarez Barbosa, señora da Casa de Matamá que residían na rúa da Zapatería (un tramo da actual Rúa Lourenzo Cuenca ou de Abaixo). Era o menor de cinco irmáns: Francisca, que casou con D. Antonio Pereira de Caldas e Castro, cortesán portugués que tiña a súa casa nobre en Arcos – Randufe (un dos fillos deste matrimonio será outro destacado escritor Francisco de Caldas Pereira e Castro), Isabel que foi monxa, Eitor ou Hector, que finou moi novo e Pedro que cos seus tres ma