Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de septiembre, 2009

A infancia tudense de Francisco Sánchez

Entre as actividades celebradas en Tui, na primeira semana de setembro, arredor da "Xornada Europea da Cultura Xudía" impartin unha conferencia sobre a "biografia tudense" do médico e filósofo do Renacemento, onde tentaba clarexar a cronoloxia da infancia do "Escéptico" sobre todo logo da achega fundamental de Ernesto Iglesias Almeida que publicou o contrato do pai do noso personaxe como médico do Cabido tudense en 1568 e que trastoca case todas as afirmacións ata agora publicadas sobre a infancia de Sánchez. A amiga Eva González solicitoume un resume da charla que foi editado este pasado sábado, 26 de setembro, no suplemento "Baixo Miño / Louriña" do "Faro de Vigo". Con aquela conferencia, e con este artigo, pretendia únicamente clarexar un pouco a "biografia tudense" de Francisco Sánchez e contribuir a colocar a este egrexio pensador no privilexiado lugar que lle corresponde na historia da nosa cidade, divulgando a súa traxe

Fulgor e morte de Evangelina Jaso

"Casa da Gramática, revista de creación literaria e cultura" é unha publicación que edita anualmente o Instituto de Ensino Secundario "Virxe do Mar" de Noia, que testemuña, como por exemplo a revita "Max Estrella" do IES "San Paio" de Tui, o bo traballo que en diversos centros educativos se desenvolve, con sensibilidade e habelencia, en materia cultural convertendo a estas publicacións en referentes de creación e difusión da nosa cultura. O número 32 de "Casa da Gramática" é un especial dedicado "As silenciadas" no que figura un traballo referido á nosa cidade da autoria de Marga do Val sobre unha vítima tudense da barbarie da Guerra Civil, Evangelina Jaso. A vocación de Tudensia é recoller aquelas noticias e traballos de interese para a nosa cidade, especialmnte cando non son de fácil acceso ao público, como é este caso, onde resalta o dramatismo daqueles tempo tan escuros, pero que forman parte da nosa historia máis recente.

Antes de Descartes: o tudense Francisco Sánchez foi un dos antecesores da filosofía moderna

O portal de noticias www.culturagalega.org,do Consello da Cultura Galega, publicaba onte un interesante artigo sobre a figura do pensador tudense Francisco Sánchez, ao abeiro das actividades organizadas na nosa cidade co gallo da Xornada Europeda Cultura Xudía, na primeira fin de semana de setembro, e que dedicaron especial atención a esta egrexio pensador nado en Tui no ano 1550. A revitalización desta singular figura é unha necesidade para a nosa cidade ao resaltar esta importante achega tudense á cultura europea. O tudense Francisco Sánchez foi un dos antecesores da filosofía moderna Antes de Descartes 2009-09-14 Era un espírito rebelde e libre. E precisamente por iso, Francisco Sánchez (Tui, 1550-Tolosa, 1623) foi un dos poucos filósofos que escaparon da escolástica e do erasmismo, ou o que é o mesmo, da revelación relixiosa do cristianismo. Sánchez non admitía como verdade nada que non pasara antes polo tribunal dos sentidos, ademais de darlle á razón un papel determinante. Foi un

Sobre o pretendido "camiño portugués da costa"

Nos últimos meses estamos asistindo, a través dos medios de comunicación, ao pulo que dende diversos concellos e asociacións se pretender dar á proposta de creación do chamado camiño portugués da costa, que partindo de A Guarda, cruzaría O Rosal, Oia, Baiona, Nigrán,Vigo e Redondela onde se uniría de novo ao tradicional camiño portugués, que ten en Tui a súa porta de entrada a Galicia. Esta tentativa de promoción do fenómeno xacobeo sería de grande estima e valoración senón fose porque esta iniciativa basease en crear un novo camiño de peregrinación que carece dunha tradición histórica que o avale. Un dos principais responsables desta iniciativa é a benemérita “Asociación de Amigos de los Pazos” que ten dedicado un singular esforzo na recuperación do Camiño de Santiago, sendo un dos principais responsables, en Galicia, da declaración do Camiño como primeiro itinerario cultural europeo polo Consello de Europa, en 1984. Esta Asociación con outras entidades ten traballado arreo pol