Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2013

Tui, 1893 de Juan Miguel González Fernández

Temos a honra de contar, nunha nova oportunidade, coa colaboración en Tudensia do historiador Juan Miguel González Fernández que enriquece este blog cunha nova achega de investigación sobre o pasado tudense. Agradecemos a Juan Miguel González -que nestes días ven de presentar unha recopilación da bibliografia sobre a historia de Vigo editada pola Instituto de Estudios Vigueses- a súa colaboración froito da amistade e da súa incansable labor de pescuda do noso pasado.                                                            Tui, 1893 Houbo un tempo, poñamos un cento de anos atrás, que dispoñer dun aparato telefónico era un privilexio do que moi poucos podían disfrutar. Para  solventar a necesidade de información e comunicación entre distintas (e distantes) localidades de España a empresa “Bailly-Bailliere e Hijos” con sé na capital do estado editaba un “Anuario de Comercio”. Nos comezos do século XX pasa a chamarse “Anuario General de España”, incorpora un novo socio:

“Os pícaros de Tui” unha pequeña reflexión sobre a devoción santelminana

Antoni Guerra le jeune (1666-1711) Saint Elme, 1701 Perpignan, Musée Hyacinthe Rigaud  (en depósito nos Archives Municipales) - Foto : Michel Castillo  en www.portugaldominicano.blogspot.com.es Achegámonos no calendario ás festas patronais de Tui, na honra de San Pedro González Telmo, que nos albores da primavera rexurde dende a tradición e a devoción. Resulta certamente fermoso e case sorprendente que esta celebración se conserve logo de oito séculos. A lembranza de San Telmo sorteou nas diversas etapas históricas os cambios sociais e de mentalidade con inusitada solidez. Na actualidade estamos tamén en procesos de mudanza en innumerables ámbitos da vida pública e social e cómpre preguntarnos como a devoción santelmiana pode garantir a súa continuidade no tempo, afondando na súa identificacións coas xentes de Tui ás que prometeu a súa protección… Os valores que encarna a figura do frade dominicano que fenece en Tui superan as barreiras do t