Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2011

Guillermo Taboada Infante, pintor e ilustrador tudense

Poucos datos temos do tudense Guillermo Taboada Infante (nado nesta cidade no ano 1909). Comezou a súa formación artística en Granada co pintor Morcillo (Trátase de Gabriel Morcillo Raya, pintor e copista que dende 1922 é o director da Residencia de Pintores da Alhambra e posteriormente profesor da Escola de Artes e Oficios da cidade en que nacera en 1887e na que morrería en 1973). En 1926 solicita unha pensión á Deputación de Pontevedra e envìa varios retratos á exposición previa de artistas que aspiraban a bolsa. No mes de febreiro concédenlle a pensión, de tres mil pesetas anuais, para estudiar pintura na especialidade de figura, na Academia de Belas Artes de Madrid, onde durante o curso 1926-1927 preparou o ingreso que aprobou. En febreiro de 1926 comeza a colaborar no “Faro de Vigo”, con viñetas que lembran ás que, polas mesmas datas, se publican na revista madrileña Buen Humor. Guillermo Taboada sumábase a unha longa lista de importantes ilustradores do diario vigués, entre os q

Navidad en el Bajo MIño por Eliseo Alonso

A inmediata celebración das festas do Nadal e Aninovo é ocasión propicia para desexar a todos os seguidores de “Tudensia” moita felicidade e que a luz que nestas días alenta nos costumes e tradicións non fique oscurecida polo consumismo. Bo Nadal e feliz 2012 . Recuperamos para estas datas un texto do escritor e investigador "miñoto" Eliseo Alonso sobre o Nadal na nosa comarca. "Paisaje con ovejas" (1950), de Antonio Fernández NAVIDAD EN EL BAJO MIÑO por Eliseo Alonso Pese a la escarcha del sendero, la Navidad es un  tiempo suave, tierno y tibio como el musgo que se busca para el nacimiento campesino. Con el vuelo de las “paxoliñas” mozas y mozos bajan de la montaña, suben de las orillas del río. Dios ha nacido en los pagos del Bajo Miño. La luna brilla y se asombra en las cofias, justillos, dengues y mandiles del bello traje popular de las tatarabuelas que resucitan a cantar estas mismas canciones de la moza, que hace años con estas mismas galas, cantara otra mo

Yzquierdo Durán, ilustrador tudense. Breve noticia.

Jose Yzquierdo Durán foi un popular ilustrador que radicado en Madrid realizou, nas primeiras décadas do século XX unha prolífica producción en todo tipo de publicacións, tanto periódicas como en libros. Son moi escasas as noticias sobre a súa traxectoria que poidemos acadar non así imaxes da súas obras, que ocupan as portadas de numerosas edicións das segunda e terceira décadas do pasado século. O erudito Manuel Fernández-Valdés no seu excepcional libro “Familias antiguas de Tuy” nos informa que Jose Izquierdo Durán era fillo do avogado tudense José Izquierdo Sarmiento, que foi secretario do Concello tudense, e de Concepción Durán Mera, dunha familia de longa tradición na cidade. Tiveron tres fillos, Celso, que foi crego ocupando, entre outras, a parroquia de Piñeiro, Pilar, que foi directora moitos anos do “Hogar Rosendo Salvado” dependente do Auxilio Social nos anos da ditadura, e José, de quen hoxe nos ocupamos. José Izquierdo Durán naceu en Tui no anos 1890 e desenvolveu en Madrid