Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2010

O bote anguleiro, unha testemuña do noso patrimonio

A chegada das chuvias e temporais impulsados en Tui polo vento de “cabra fanada”, que dicían os nosos maiores e que agora por mágoa case non se escoita, trouxo consigo tamén unha nova tempada da pesca do meixón, que é como chamamos por estas terras miñotas ás angulas.O temas das angulas está de actualidade pois ao parecer a partires de deste ano existirá unha prohibición da súa actual forma de captura, con redes de tea con dous anos de moratoria, de xeito que dende o ano 2011 só se poderá capturar con peneira e dende as ribeiras. Esta decisión decidida para a conservación desta especie coincide coa directivas da Unión Europea a prol da conservación de especies ameazadas nos nosos rios e, nomeadamente, das anguias e dos seus alevíns.Para aqueles interesados en coñecer as características científicas desta especie poden consultar o seguinte enlace con datos de moito interese http://weblogs.madrimasd.org/ciencia_marina/archive/2008/03/25/87356.aspx do profesor investigador Antonio Figuera…