Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2022

Na morte dun tudense de "vocación", Luis H. de Larramendi

  Hai escasos días ollando un xornal dixital sobresaltoume a noticia da morte de Luis Hernando de Larramendi o pasado 11 de febreiro en Madrid. De seguro que a maioría dos nosos lectores descoñecen a esta figura senlleira no panorama empresarial de España (conselleiro de Mapfre e Vicepresidente da Fundación Mapfre como principais referencias e tamén avogado especializado en temas de propiedade industrial e intelectual) pero que traemos hoxe a este post polo que nos atinxe, por que Luis H. de Larrramendi mantivo unha estreita relación coa nosa cidade. Nos numerosos obituarios publicados nestes días na prensa os interesados poden achegarse á súa inxente traxectoria empresarial, pero tamén a súa clara conciencia, na liña aberta polo seu pai Ignacio Larramendi o refundador da aseguradora Mapfre, que dende a empresa existe o que hoxe se denomina “Responsabilidade social corporativa” que debe devolver á sociedade parte dos beneficios que a propia empresa recibe desa mesma sociedade. Un con

Remexendo nas augas do acueduto do Pontillón

No pasado ano o Balneario de Caldelas organizou unha excelente exposición cunha escolma da súa colección de fotografías antigas, titulada “A nosa auga, a nosa terra, a nosa xente”. Entre as fotografía que puidemos contemplar nesta exposición figuraban diversas imaxes de interese relacionadas co acueduto do Pontillón e os muíños do curso do río Caselas, de alto valor etnográfico, e que acreditan a importancia destes elementos do patrimonio cultural da nosa comarca. Resulta evidente, por conseguinte, o valor histórico desta construción que os veciños do curso do Caselasviñas usando tradicionalmente. Os lectores de Tudensia han lembrar como foi neste blog onde en agosto do ano 2020 dimos a voz de alarma ante o derrube do acueduto existente nese lugar sobre o río Caselas realizado no decursos dunhas obras promovidas pola Confederación Hidrográfica Miño – Sil. ( http://tudensia.blogspot.com/2020/08/derrubado-o-acueduto-do-pontillon-en.html ). A intervención do Concello de Tui non foi qu

Historia da eurocidade, a veciñanza de tudenses e valencianos no tempo

O 10 de febreiro de 2012 os municipios de Tui e Valença, representado polos seus rexedores daquela Moisés Rodríguez e Jorge Mendes, asinaron o protocolo de creación da eurocidade marcándose o obxectivo de afondar nun traballo conxunto en diversos ámbitos de actuación, que expresase, tamén no nivel institucional, o que dende sempre é a vida normal de valencianos e tudenses que comparten un territorio, convivindo con intensidade, que posúen unha mesma identidade na que caben as normais diferenzas das súas diversas adscricións institucionais que sinala a fronteira que nos limita. Un concepto este de fronteira ligado para a xeneralidade ao concepto de “límite”, de “excentrididade”, mesmo de afastamento. Especialmente asentado este concepto nos estados centralistas –característicos dos últimos séculos tanto en España como en Portugal, e que mesmo chegaron a prohibir no caso tudense o asentamento de industrias en previsión posibles ocupacións-.  Pero para os que vivimos na fronteira este é