A historia tudense é xenerosa en episodios protagonizados por egrexias persoalidades que deixaron a súa pegada na nosa cidade e cuxa memoria conservamos como elemento senlleiro da nosa identidade. Nesa época, que algúns se empeñan en chamar "escura", da Idade Media, e que non ten máis escuridade que a escaseza de fontes históricas que posibiliten un axeitado coñecemento do noso pasado, os ataques viquingos á Galicia e, nomeadamente, a Tui –coa figura protagonista de Olav- son un lugar común do noso pasado que nos vencella cos pobos nórdicos e que confirma a dimensión atlántica da nosa terra. Aínda en Galicia non temos atopado restos arqueolóxicos que testemuñen a presenza viquinga pero conservamos referencias documentais e literarias sobre intercambios comerciais e as expedicions militares. Carecemos tamén de topónimos desa procedencia, aínda que para diversos filólogos termos náuticos como “babor”, “estribor”, “estai” ou “singradura” teñen unha orixe nórdica e que evidenci...
Notas e noticias sobre Tui e os tudenses