Ir al contenido principal

Relembrando a visión de Sor Lucía en Tui no seu XCVI aniversario

Hai hoxe noventa e seis anos, o 13 de xuño de 1929, tivo lugar na capela das Irmás Doroteas de Tui un singular acontecemento: a visión da Santísima Trindade por Sor Lucia, a vidente de Fátima que por aqueles anos residía no convento tudense.

A devoción a Nosa Señora de Fátima e as súas revelacións ou visións, en 1917, aos tres pastoriños de Aljustrel: Francisco e Jacinta Martos e a súa curmá Lucía de Jesús Rosa dos Santos, que contaba daquela con dez anos de idade, son actualmente un fenómeno universal cunha ampla popularidade.

Xa en “Tudensia” nos temos ocupado nun post do ano 2020 sobre a relación de Tui con esta devoción e nomeadamente coa figura de Sor Lucia: https://tudensia.blogspot.com/2020/05/sor-lucia-e-tui.html no que recolliamos o seguinte:

Tras comunicar ás autoridades eclesiásticas as visións e no decurso do proceso de verificación das mesmas, Lucía (que nacera en 1907) con apenas catorce anos é levada, polos responsables da diocese Leiria, ao Instituto Van Séller (coñecido como Asilo de Vilar) en Porto onde chega o 17 de xuño de 1921 e que estaba a cargo das Irmáns Doroteas. Alí recibe formación académica e a que, naquela altura, se consideraba propia da condición feminina. Non retornou a Aljustrel nin nos períodos vacacionais, recibindo si a visita da súa nai en Porto ou Braga, onde pasaba as estadías de verán na casa da familia Vasconcelos ou na Quinta do Formigueiro, propiedade do bispo de Leiria.

Aos 18 anos Lucía manifestou o seu propósito de seguir á vida relixiosa na Congregación das Irmás de Santa Dorotea de Paola Frassinetti, as “Doroteas”. Como apuntamos en Portugal non existían centros de formación para as órdenes relixiosas que foran trasladados ao exterior. As Doroteas tiñan o seu noviciado en Tui -logo da súa expulsión de Portugal coa implantación da República-, e ata a nosa cidade se traslada Lucía, chegando o 24 de outubro de 1925. Unha decisión que pretende tamén afastala da presión dos devotos e dos medios de comunicación.

O proceso de formación establece, primeiramente, un tempo de postulantado que realizará na casa que as Doroteas tiñan en Pontevedra, onde residirá dende o 25 de outubro de 1925 ata o 20 de xullo de 1926 en que regresa a Tui. O convento tudense estaba daquela no paseo da Corredoura, hoxe cuartel da Garda Civil, pois o actual convento de Martínez Padín se inicia en 1926 e tarda dous anos en construírse. Lucía tomará o hábito o 2 de outubro de 1926, pasando o seu período de noviciado completando a súa formación, realizando a súa profesión o 3 de outubro de 1928. Unha cerimonia que terá lugar xa no novo convento tudense inaugurado o 3 de abril do mesmo ano de 1928.

Con outras compañeiras profesas continúa na casa tudense das Doroteas ata realizar a súa “profesión perpetúa” o 3 de outubro de 1934. Aos poucos días é destinada de novo á casa de Pontevedra onde permanecerá ata que, unha vez máis regresa a Tui, en maio de 1937. Do convento da rúa Martínez Padín xa non sairá ata que, en maio de 1946, se lle ordena retornar a Portugal. Visita por vez primeira, dende 1921, os lugares das aparicións, en Cova de Iria, e a súa terra natal de Aljustrel, dun xeito case anónimo. É destinada á Casa de Sardão, en Vila Nova de Gaia, cerca de Porto. Pero aos dous anos, renovando os seus desexos de retiro e soidade, o Papa Pío XII concédelle ingresar no Carmelo de Santa Tereixa de Coimbra, onde chega o 25 de marzo de 1948, profesando como carmelita descalza o 31 de maio de 1949. Neste convento redactou os dous últimos volumes das súas Memorias e os “Llamamientos del Mensaje de Fátima”. Retornou unicamente a Fátima, en 1967, coa visita de Paulo VI e no 1982 e no 2000 nas visitas de Xoán Paulo II, participando nesta última data na beatificación de Francisco e Xacinta. No Carmelo de Coimbra  permanecerá en vida de oración ata a súa morte o 13 de febreiro de 2005.

Na súa estadía en Galicia Sor Lucía tivo diversas visións, tanto en Pontevedra como en Tui. Na nosa cidade viviu unha experiencia mística de singular relevancia.

Poco se habla de su estancia en la ciudad fronteriza, que sin duda fue -literalmente- trascendental. Allí, el 13 de junio de 1929, la hermana Lucía tuvo una visión de la Santísima Trinidad y del Inmaculado Corazón de María, durante la cual la Virgen le comunicó que "había llegado el momento de participar a la Santa Iglesia su deseo de consagración de Rusia y la promesa de su conversión"

 A capela  de Tui tal e como estaba cando Lucía tivo a aparición

Estando a solas Lucía, la capilla se iluminó y sobre el altar apareció una Cruz iluminada (Dios-luz del mundo) que llegaba hasta el techo. En otra luz más clara, sobre la parte superior (de la Cruz-Redención) se veía un rostro de un hombre con cuerpo hasta la cintura (Dios-Padre-fuente de Gracia y Misericordia); sobre el pecho una paloma (Espíritu Santo), y un hombre crucificado (Jesucristo-Encarnación).

Un poco más abajo de la cintura se veía un cáliz y una Hostia (Eucaristía) que desprendía gotas de sangre que resbalaban por el rostro del Crucificado y de la herida de su costado y que caían en el cáliz (sacrificio de la Santa Misa). Debajo del brazo derecho de la Cruz estaba A Nossa Senhora con su Inmaculado Corazón en la mano izquierda. Debajo del brazo izquierdo de la Cruz, unas letras grandes escritas con agua cristalina vertidas sobre el altar bordaban las palabras "Gracia y Misericordia". Continua o relato “entendí que era el Misterio de la Santísima Trinidad que se me enseñó, y yo recibí luces acerca de este misterio que no se me permite revelar.

Completa a súa narración coa petición expresa da Virxe para que o Papa e todos os bispos

“consagren a Rusía a mi corazón, prometiendo salvarla por este medio”. Su confesor le aconsejó escribir todo lo que había percibido en esa visión sobrenatural para ponerlo en conocimiento del Papa.

A teofania tudense de Sor Lucía posúe una singular carga teolóxica ao recoller os principais misterios do cristianismo, a Encarnación e a Redención que Deus obra a través do seu fillo, Xesús… para transmitir ao mundo unha mensaxe certa, o xuizo de Deus para os homes é “gracia e misericordia” de aí a insistencia dos pastoriños da Fátima na conversión persoal e colectiva para participar da gracia e da misericordia amorosa de Deus.

A mensaxe de Fátima agroma nun momento de crise e turbulencia, nun tempo de grandes transformacións no mundo, é certamente esperanzadora, de confianza, pois o que triunfa, o que permanece é a gracia e a misericordia de Deus para todos os homes. Unha mensaxe actual tamén para os nosos tempos cheos de incertezas, onde sobresae a certeza da fe, da "gracia e misericordia", do amor incondicional de Deus polo home e a humanidade.

Sor Lucía residiu en Tui máis de dezasete ano no convento das Doroteas, co nome de “Sor Dolores” que tomou ao vestir o hábito, participando na vida da comunidade relixiosa e como, moitas das súa compañeiras doroteas, colaborando en diversas tarefas apostólicas nas parroquias do entorno, especialmente como catequista de nenos e nenas nas parroquias de Tui e Rebordáns. Lembro como miña nai comentaba que compartira con Sor Lucía estas labores catequéticas, que mantiña unha especial discreción na súa actividade, asumida tamén por todos os que coñecían a súa identidade colaborando esta discreción, pois ninguén facía referencia algunha a súa condición de vidente de Fátima. Tamén no convento tudense redactou parte das súas memorias, en concreto catro volumes, escríbelle ao Papa, segue en relación coa Igrexa de Portugal, recibe contadas visitas (como a de Josemaría Escrivá de Balaguer, fundador do Opus Dei, que nunha estadía co seu amigo e bispo de Tui, Fr. José López Ortiz, visita á vidente de cara á implantación da súa organización en Portugal), vive, en definitiva, con sinxeleza e discreción case anónima.

Posiblemente, mantendo o espírito de Lucía, as relixiosas Doroteas tudenses nunca promoveron ou potenciaron especialmente este lugar certamente singular, en contraste, por exemplo, con Pontevedra onde existe unha Capela ou Santuario das Aparicións e cuxo culto é amplamente difundido. Certo que acollen con hospitalidade e simpatía a cantos se achegan  ata a capela tudense lembrando á memoria da Irmá Lucía e a súa visión.

Lembrar hoxe este aniversario da visión da Trindade por Sor Lucía e a celebración o 24 de outubro do centenario da súa chegada a Tui é coa intención de reivindicar a oportunidade que supón para a nosa cidade a presenza de Lucia perante dezasete anos entre nós e a potencialidade da visión mística que tivo no convento das Doroteas tudenses.

Unha oportunidade tanto no ámbito relixioso, pois a súa visión e a mensaxe que promove manten a súa actualidade pero en contadas ocasións proclámase este anuncio dende o propio lugar onde Lucia o recibiu como un don que logo nos transmite. Son numerosas as peregrinacións que dende a nosa terra se encamiñan a Fátima e practicamente ningunha visita o convento tudense escenario da visión máis teofánica que tivo Sor Lucía.

Aínda máis resulta sorprendente que esa visión trinitaria de Lucía no convento tudense sexa amplamente coñecida en todo o mundo, como “Visión de Tui” e siga sendo moi escasamente coñecida pola nosa veciñanza. Unicamente unha placa colocada na fachada do convento das Doroteas, na rúa Martínez Padín, promovida en outubro de 2005 pola asociación cultural “Civitas Tudensis” en colaboración co Concello de Tui.

Pero tamén é unha oportunidade ata agora inexplorada no ámbito do turismo relixioso, pois cabe lembrar que no pasado ano 2024 o Santuario de Fatima recibiu 6,2 millóns de peregrinos, procedentes de ata 88 países. Un número significativo destes peregrinos estranxeiros logo percorre outros lugares ligados ao culto á Nosa Señora de Fátima. Velaí o caso de Pontevedra, onde existe un Santuario das Aparicións -recentemente remodelado- e que conmemorará, cun ano xubiliar, o centenario da visión que Sor Lucía tivo nese lugar o 12 de decembro de 1925.

Cabe sinalar tamén que unha alta porcentaxe dos peregrinos que realizan o Camiño Portugués teñen unha motivación espiritual que se enriquecería cunha visita e atención relixiosa neste lugar da visión da irmá Lucía. Unha difusión desta manifestación teofánica tudense entre os peregrinos a Fátima e a creación das necesarias condicións de acollida para estes grupos abre unha nova vía de actuación no ámbito do turismo relixioso que Tui non debe deixar de explorar, incorporando a visita á nosa cidade nos circuítos deste tipo de turismo relixioso no futuro.

Comentarios

Entradas populares de este blog

A fábrica de galletas "La Peninsular"

Temos sinalado neste blog en diversas oportunidades o descoñecemento que posuimos da historia contemporánea de Tui fronte a outros períodos históricos moito mais investigados que a nosa historia mais recente. Aspectos como a vida política tudense na primeira metade do século XX seguen esperando un achegamento como tamén os procesos e dinámicas socias desenvolvidos no noso territorio. Hoxe ofrecemos en Tudensia un post sobre a fábrica de galletas “La Penínsular” que abrangue case medio século da vida económica tudense. Achegamos a información ofrecida polo profesor de historia económica da Universidade de Santiago de Compostela, Angel Ignacio Fernández González, no seu blog “Galicia Agraria” nun documentado post sobre a industria de galletas en Galicia nos principios do século XX. Aportamos a rica e moi completa información que achega profesor Fernández algunha pequena referencia da nosa autoria colocadas como notas. http://galiciaagraria.blogspot.com.es/2012/03/gall...

Emma Álvarez Besada a primeira tudense doutora en medicina

O legado dunha comunidade está conformado por un conxunto de bens materiais, que adoitamos denominar patrimonio, xunto cun amplo abano de elementos inmateriais que definen o seu carácter e a súa pervivencia no tempo. Entre estes bens intanxibles ou inmateriais ocupan un lugar non menor aquelas personalidades que ao longo do tempo teñen deixado unha pegada perdurable na memoria colectiva ou aquelas outras que, ás veces esquecidas ou non recoñecidas, expresan na súa traxectoria fitos senlleiros para a vida colectiva. Hoxe queremos recuperar dende Tudensia unha desas figuras olvidadas pero que no seu momento histórico tiveron unha pegada significativa na vida social e colectiva da nosa cidade e de alén dos seus termos xeográficos. As novas demandas sociais se expresan tamén na historiografía que investiga aos grupos sociais discriminados ou marxinados nos diferentes momentos do pasado. Retrato de Emma Álvarez Besada, foto da orla da Facultade de Medicina de Madrid, 1931 Unha revis...

Bo Nadal cun texto de Manuel Lago González: “Noite Boa” (1892)

Felicitamos hoxe aos seguidores de Tudensia estas festas do Nadal recuperando un breve texto, non o chamaría nin relato, sobre como se celebraba a Noiteboa nas aldeas de Tui nas últimas décadas do século XIX, nun momento en que os labregos galegos vivían nunha economía de subsistencia e nunhas moi duras condicións de vida. Anxo no capitel do arco triunfal da igrexa de San Domingos de Tui, sec. XV Trátase dun texto de Manuel Lago González publicado o 24 de decembro de 1892 no xornal tudense “La Integridad”. Daquela Manuel Lago era un presbítero que formaba parte do claustro de profesores do Seminario tudense e que tiña unha activa participación como xornalista e na vida social en Tui. Ao xornalismo entregouse Lago con verdadeira ardentía e a tarefa que se impuxo foi querer incorporar a defensa das tradicións e os intereses de Galicia ao ideario católico de signo integrista (oposto radicalmente ao liberalismo). Este texto, que non foi publicado posteriormente a súa edición en “La Int...