Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de septiembre, 2013

Encontro de científicos xesuítas en Tui no verán de 1915

Ás veces as pescudas nos sorprenden con algunha descuberta de interese. Velaí o caso de hoxe. Un amigo pediume que investigase se existía algunha imaxe da, tantas veces lembrada, pedra oscilante do monte Aloia. Os recursos que hoxe nos ofrece a rede son certamente inconmensurables e nunha vella revista científica editada en Roquetas (Tarragona) atopo a fotografía dese famoso penedo. Figura esta imaxe, da que nos ocuparemos nun próximo “post”, nun interesante artigo da revista “Ibérica, do Observatorio do Ebro” de 1916 titulado “Excursiones científicas por el Norte de España” da autoría do xesuíta Longinos Navas que nos proporciona outra interesante imaxe. A Revista Ibérica naceu en 1913 co obxectivo de difundir semanalmente o coñecemento científico e tecnolóxico da época. O proxecto foi pioneiro en España e logrou manterse noventa e un anos durante os que documentou a revolución tecnolóxica do século XX. Trátase dunha “ foto de familia (…) en la galería de la casa-residencia

Estragos nos gravados rupestres de Rozacús - Randufe

Gravados de Rozacús Unha das principais manifestacións da cultura prehistórica en Galicia son os chamados petroglifos ou gravados rupestres que atopamos nas rochas de granito, xeralmente situadas en outeiros de escasa altitude. En xeral se admite que a súa cronoloxía podemos situala entre o final do Neolítico, na transición entre o Calcolítico e a Idade do Bronce, é dicir entre o III e o II milenio a. C. A técnica empregada para realizar os gravados foi o labrado mediante percusión, cun instrumento de pedra co que se trazaron os sucos, sendo o desgaste destes, a consecuencia da erosión, unha proba irrefutable da súa antigüidade. Existen dous tipos de deseños nestas manifestacións da arte rupestre: figurativos, como por exemplo os cervos, cabalos, figuras humanas e armas; e os abstractos, aqueles que non sabemos qué representan, como son as combinacións circulares ou con coviñas. No municipio tudense non conservamos, quizais pola falla dun traballo de campo sistemático, a

Na morte de "Chonchiña" Concheiro

Contáronme que esta tardiña unha man anónima colocou na porta do caserón de San Bartolomeu onde residiron, durante varias décadas, o doutor Francisco Comesaña e a súa esposa “Conchiña” Concheiro una ramo de hortensias. O fatídico agoiro foi confirmado ao pouco tempo: “Choncha” morreu onte en México DF, onde residía dende había un par de anos. Logo de celebrar nos inicios do pasado mes de maio o seu centenario, acompañada de familiares e amigos, o paso do tempo resultou implacable. Recordamos hoxe, con especial agarimo, a unha excepcional muller, tudense de adopción, que soubo manter ao longo da súa vida, centenaria, unha dignidade e unha grandeza de espírito, expresando unha alta lección de humanidade.  Estas hortensias, que agromaban cada ano polos recantos daquela finca de San Bartolomeu, e que hoxe anunciábannos a nova do seu pasamento testemuñan o afecto que sementou entre tantas e tantas persoas Chonchiña ao longo da súa dilatada existencia. As hortensias son flo