Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2018

Francisco Sánchez, un tudense no discurso “Alba de Gloria” de Alfonso R. Castelao

O Consello da Cultura Galega organiza na igrexa de San Domingos de Bonaval de Santiago de Compostela unha exposición temporal centrada no afamado discurso pronunciado por Castelao o 25 de xullo de 1948 no Teatro Argentino de Buenos Aires. Foi a última alocución pública pronunciada polo intelectual e político rianxeiro, o que lle concede aínda unha maior significación. Este discurso titulado “Alba de gloria” é unha peza cimeira da oratoria galega, plena de simbolismo e fulcral na construción do relato identitario galego (...) mais o “Alba de Gloria” non é só unha peza retórica senón tamén unha reflexión de amplo alento e, ao tempo, síntese perfecta da visión plástica de Galicia e a súa historia que o rianxeiro foi construíndo ao longo do seu vivir peza artéllase a partir da poderosa imaxe dunha Santa Compaña de homes-guía inmortais que inclúe santos, figuras de ciencia e de letras, creadores... que se desenvolve como metáfora da tradición, desa forza máxica que .que non é a Hist