Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2015

Unha lembranza serodia e solitaria no centenario de Xosé María Álvarez Blázquez

Un catro de febreiro de 1915, fixo onte cen anos, no Paseo da Corredeira tudense, daquela chamada rúa Elduayen, naceu un rapaziño que recibirá os nomes de José María Amalio Gerardo Ignacio Álvarez Blázquez. Na casa familiar da rúa El Pilar, no arrabalde do Rollo –a que se trasladou ao pouco tempo a familia do médico Dario Álvarez Limeses e a súa dona María Blázquez Ballester-, transcurríria a nenez de Xosé María e os seus cinco irmás (varóns todos Darío, Emilio, Alfonso, Celso e Álvaro). Naquela casa e naquela horta, ampla e con numerosos recunchos,  situada xa nos límites urbanos da cidade tudense, nun enclave privilexiado para vivir conxuntamente o mundo da sociedade burguesa tudense, nunha época de decadencia, e o mundo labrego e popular, das tarefas do campo, dos oficios tradicionais… será onde Xose María e os seus irmáns descubran paseniñamente os recodos da vida, personal e colectiva. Como lembrará co tempo o seu irmá Emilio “toda a curiosidade non lle cabia no peito”. A