domingo, 22 de mayo de 2011

Las siamesas de Tui, por Pablo Larraz Andía

O amigo D. Luis Hernando de Larramendi, tudense de adopción e entusiasta dos temas históricos e especialmente do médico e filósofo tudense Francisco Sánchez e que tanto está traballando pola súa recuperación, é un seguidor fiel de Tudensia e xenerosamente enviou unha colaboración de Pablo Larraz Andía que hoxe publicamos neste blog.
Pablo Larraz (1974) é médico e investigador en temas de historia, centrándose especialmente en aspectos sociais e asistenciais da medicina en Navarra nos século XIX e XX, en particular nos conflitos bélicos Autor de numerosos artígos,  o seu libro «Entre el frente y la retaguardia», sobre a historia do Hospital «Alfonso Carlos» de Pamplona, foi galardonado co IX Premio Internacional de Historia del Carlismo «Luis Hernando de Larramendi». É membro do Comité Científico da Revista «Panacea» e do Consello de Redacción da colección «Temas de Historia de la Medicina». Tern publicado tamén «Aventuras de un gentleman en la tercera carlistada. Imágenes de la sanidad en guerra» e recentemente «Requetés. De las trincheras al olvido».
Agradecemos a ambos, Pablo Larraz Andía e Luis H. de Larramedi, a súa xenorosa colaboración enriquecendo con este post a este modesto blog tudense.




LAS SIAMESAS DE TUY por PABLO LARRAZ ANDÍA

Los alumbramientos múltiples, partos de siameses y otros sucesos extraordinarios relacionados con la natalidad han sido siempre motivo de noticia y comentario. Lo son hoy y podemos suponer que, con tanta o más razón, debían serlo en pleno siglo XVII, a pesar de las dificultades para encontrar constancia o testimonio escrito de lo acaecido en aquellos años de analfabetismo, en que no existían los modernos medios de comunicación.
Recientemente, y fruto de la casualidad, mientras rebuscaba datos entre la correspondencia particular de don Anastasio Echeverri, quien fuera párroco de Zugarramurdi a finales del XIX, apareció traspapelada una curiosa carta. En ella, fechada el 30 de diciembre de 1723, don Fernando Ignacio de Arango y Queipo, entonces obispo de Tuy (Pontevedra), daba cuenta del nacimiento en su diócesis de dos niñas siamesas. Desconozco el cómo y el porqué acabó la carta entre los papeles del clérigo navarro, pero lo cierto es que la misiva aporta detalles realmente curiosos del inusual acontecimiento. Dice así: «Aquí estos días en un curato de mi obispado que se llama Mouriscados, nacieron dos niñas pegadas, y perfectísimas; cada una con su cabeza, hombros, espaldas, pechos, vientre, muslos, piernas; y sólo unidas desde las caderas al orificio, no teniendo más que un orificio, por donde se sirven las dos, y en todo lo demás separado; y los miembros distintos, independientes unos de otros, y muy hermanas y perfectas, tanto que es gusto el ver a la una mamar, a la otra dormir, una llorar y otra dormir. Baptizándose las dos separadamente y en nombre y venerencia del Sto. Nacimiento, a la una puse por nombre Manuela Jossepha, y a la otra María Ángela, y las confirmé después, porque en lo natural, aunque están robustas no pueden vivir, pero si viven, será así admiración y grande mortificación de las dos, porque en los pocos días que tienen, ya demuestran alguna diferencia en la condición, porque la una es muy llorona y la otra duerme más. Son hermosas y muy parecidas en rostros. El médico dice que en cuanto ha visto y leído de estas especies de monstruosidades de la naturaleza, no ha visto cosa más perfecta».
Tras el singular hallazgo, contacté con don Alberto Cuevas Fernández, sacerdote de Tuy, quien, también sorprendido, logró localizar entre los antiguos libros parroquiales sendas partidas de bautismo y confirmación de las siamesas. En la primera, Joseph Rodríguez, cura de San Cipriano de Mouriscados, afirmaba escuetamente «haber baptizado separatim et absolute a dos niñas que nacieron unidas», el día 23 de diciembre de 1723. Algo más pródigo en detalles y sensiblemente emocionado, Joseph Pantaleón y Nogueira, cura de la Catedral de Tuy, narraba tres días después la confirmación de las siamesas: «Puse los santos óleos y administré las más ceremonias que dispone nuestra Santa Madre Iglesia a dos niñas, que vinieron a esta ciudad por lo maravilloso de su nacimiento. Siendo dos niñas de cuerpos y todos miembros perfectos, nacieron conjuntas y pegadas por los dos muslos izquierdos, lo largo del ancho de una mano, y en todo lo demás libres los dos cuerpos de pies a cabeza, y bien criadas, puestas de lado igualmente, con los rostros iguales, y sólo tienen un orificio posterior en que se comunican los dos intestinos. Tuviéronles en brazos el licenciado don Juan de Uría y el Ilmo. Sr. Obispo de esta ciudad».
Nada más sabemos de la suerte que corrieron las dos niñas, ni de los días que lograron sobrevivir, pero en los registros parroquiales de Tuy no consta dato alguno acerca su fallecimiento, al menos en las siguientes semanas. Una cosa parece segura, murieron igual que nacieron: juntas.

viernes, 13 de mayo de 2011

Tui cidade slow?

Os seguidores de Tudensia me permitiran este post que resulta case unha reflexión, pois ás veces resulta ata beneficioso considerar algunhas ideas e actuacións que están a funcionar noutros lugares, e que semellan case utópicas, pero que nos abren a novos prantexamentos, a novos criterios, suscitándonos novos parámetros de actuación ou de interpretación da realidade.

O conxunto patrimonial tudense precisa, por unha banda, dunha atención de caracter coxuntural, de atencións inmediatas a súa problemática concreta que favoreza á vida neste ámbito. Pero non podemos renunciar a realizar unha diagnose estructural que defina grandes obxectivos e estratexias a medio e longo prazo, para deseñar unha nova xeira que poña en valor este tesouro que posuimos os tudenses. O momento é idóneo e non tanto polas inmediatas eleccións senón porque o goberno municipal que resulte deste proceso electoral asumirá a elaboración e culminación do Plan Especial do Conxunto Histórico onde é imprescindible definir estas estratexias.

Como unha aportación a este debate aberto sobre as diversas propostas encol o noso conxunto histórico que escoitamos nestes días de campaña electoral, e que está ligado a outros moitos aspectos da nosa vida social e política, pero especialmente ao urbanismo e ao turismo, hai unha idea que leva xa tempo cativándome e que a mención que o profesor Abino Prado fixo no Seminario Internacional conmemorativo dos 125 anos da Ponte Internacional (cuxas conclusións recollimos nun post de Tudensia) anímame a poñelo por escrito: Tui cidade slow.

O movemento slow (ou lento) nace en Roma en 1989 cando un grupo de manifestantes protestaba na Praza de España pola apertura dun establecemento Mc’Donald; o lider daquela protesta era Carlo Petrini, sociólogo especializado en gastronomía defensor do valor da cociña tradicional fronte a “fast food”. Petrini tiña fundado na súa cidade natal, Bra, unha Universidade de Ciencias Gastronómicas. Dende esta opción gastronómíca xurdiu o Movemento Slow como expresión de rebeldía contra a tiranía do tempo que nos obriga a vivir exclusivamente para traballar, facer cousas a todas horas e sentirnos continuamente atarefados ou “stresados”. Como di nalgun dos seus folletos este movemento: “Desacelera a túa vida: come despacio, traballa eficientemente, ten más lecer, reláxate e disfruta”. Para máis información ver http://www.mundoslow.com/

En 1999 o alcalde dunha pequena localidade da Toscana, Chianti, pensou que esta filosofía slow era exportable a unha escala urbana, crear un xeito de vida na súa cidade, e xunto ás vilas viciñas de Bra, Positano e Orvieto crearon as “Cittaslow”. Así se as comidas lentas definen un ritmo máis pausado, as cidades lentas ofrecen aos seus habitantes mellorar a súa calidade de vida mediante a tranquilidade, os espazos verdes e a ausencia de stress.

A idea prendeu e na actualidade máis dun cento de cidades e comarcas de todo o mundo conforman este movemento das “Cittaslow”: Italia con 69 cidades asociadas lidera esta organización, que chega a Canada, Estados Unidos, Sudáfrica, Corea do Sur, Australia. En Europa está Alemania con dez, Reino Unido con oito, Polonia e España con seis, etc. No caso español están integradas na Red Estatal de Municipios por la Calidad de Vida (nome oficial da rede de cidades slow de España): Begur e Pals (en Girona), Lekeito e Mungia (en Bizkaia), Bigastro (Alacante) e Rubielos de Mora (Teruel).

As bases fundamentais das cidades slow son:

  • Manter unha arquitectura respectuosa co entorno e amigable para os seus habitantes. Os centros urbanos están pechados ao tráfico rodado, se potencia o uso das enerxías renovables y se aproban normas coherentes coa natureza.
  • Os espazos histórico-culturais e as zonas verdes se deben priorizar e conservar en perfecto estado. Estas cidades deben potenciar sistemas de reciclaxe do lixo referentes ecolóxicos para os demais.
  • O crecemento da cidade debese guiar pola mellora do territorio e dos seus habitantes, e non pola construcción urbanística insostible.
  • A alimentación debe basearse no Slow Food e, en xeral, nos produtos locais, ecolóxicos e de tempada.
  • As novas tecnoloxías e os avances científicos que fomenten a ecoloxía e a sustentabilidade deben incorporarse a estas cidades.

A cidade slow está sometidas a un rigoroso control pois os seus parámetros abranguen 59 puntos agrupados en 6 grandes categorías:

- a política de medio ambiente

- a política de infraestruturas

- as tecnoloxías pola calidade urbana

- a valorización das produccións autóctonas

- a consciencia dos cidadáns

Para máis información sobre a filosofía desta Rede de cidades e a súa organización un enlace útil é http://www.cittaslow.es/blog/?p=10

Como podemos comprobar estamos diante dun prantexamento amplo, de longo percorrido, pero que para unha cidade coma Tui é unha opción a valorar por canto sería colocar a Tui nunha liña de traballo a prol de incrementar a calidade de vida dos seus habitantes, de ofrecer un valor engadido ao noso conxunto urbano, de posicionarmonos coma unha referencia pioneira na nosa Comunidade Autónoma. O selo slow é xa na actualidade unha garantía de calidade de vida e de calidade turística. Certamente obriga a mudar con moitas inercias da vida social, a modificar hábitos arraigados entre os nosos veciños e entre os nosos responsables municipais, etc.

O movemento slow pola suas implicacións penso resulta unha opción idónea e innovadora para mantendo a nosa condición patrimonial abrir novos vieiros ao desenvolvemento sostible da nosa cidade.

Ata agora estou falando a nivel de ideas e de teorías pero cumpriría, alomenos, realizar un achegamento a esta iniciativa para valorar a súa viabilidade e oportunidade. Pero sen apriorismos, cando menos dun xeito paseniño.

sábado, 7 de mayo de 2011

Centenario da chegada das relixiosas "Hospitaleiras" a Tui

Actual residencia "Paz y Bien" das RR. Franciscana Hospitaleiras, antiga Casa da Sarabia

A implantación da República en Portugal tivo diversas consecuencia que afectaron a Tui como cidade veciña das terras lusitanas. Xa falamos nun post do pasado mes de outubro da evolución histórica dos primeiros días de implantación do novo réxime en Portugal e as súas consecuencias en Tui. (http://tudensia.blogspot.com/2010/10/proclamacion-da-republica-portuguesa-no.html).

Unhas das características que adopta, na súa primeira hora, o republicanismo portugués é o seu laicismo militante promovendo a expulsión das ordenes relixiosas do territorio lusitano e a confiscación dos seus bens. Desta forma, numerosos frades, monxas e cregos cruzaran a fronteira na procura do exilio en terras galegas. Era bispo de Tui naquela altura, 1910, Valeriano Menéndez Conde que ocupaba a cadeira episcopal dende 1894. No seu episcopado constatamos a chegada á nosa cidade de novas ordenes e institucións católicas xurdidas na segunda métade do século XIX como resposta ás novas necesidades sociais. En 1908, gracias á doazón dun tudense residente en América se instalan en Tui ás “Fillas da Caridade” de San Vicente de Paul (as que coñecemos popularmente como “da Milagrosa”) que abren a popular “Cociña económica” e no ano seguinte o seu colexio de “La Milagrosa”. Procedentes de Portugal se instalan en Tui nos inicios da segunda década do século XX as Franciscanas Hospitaleiras da Inmaculada Concepción ou as Relixiosas de Santa Dorotea, que aínda manteñen a súa presenza na nosa cidade (véase: http://tudensia.blogspot.com/2011/02/centenario-das-rr-doroteas-en-tui-carta.html)

Será o 1 de xaneiro de 1911 cando a comunidade das Franciscanas Hospitaleiras chegue a Tui fuxindo da persecución en Portugal, pois non tiñan outra opción no seu país de orixe que vivir na clandestinidade. Esta Congregación nacera o 3 de maio de 1871, co nome de Congregação das Irmãs Hospitaleiras dos Pobres pelo Amor de Deus, logo trocado polo actual de Congregação das Irmãs Franciscanas Hospitaleiras da Imaculada Conceição. En 1870 o crego portugués Raimundo dos Anjos Beirão (1810 - 1878) enviou un grupo de franciscanas terciarias que traballaban nos hospitais para enfermos pobres en Lisboa a Calais, para facer o seu noviciado na congregación local das Franciscanas Misioneiras. As irmás regresaron en 1871, abrindo en Lisboa unha casa dedicada a San Patricio. A primeira superiora da comunidade foi Libania do Carmo de Albuquerque Galvão Telles Mexía ( 1843 - 1899 ), que adopta o nome de María Clara do Neno Xesús –e cuxa beatificación vai reaizarse en Lisboa neste mes de maio-, e é considerada coma fundadora do instituto. En 1875 esta comunidade lisboeta se independiza dos “padres” de Calais: sendo concedido o permiso pola Santa Sede o 27 de maio 1876. O 27 de febreiro 1876 as Franciscanas Hospitaleiras da Inmaculada Concepción foron agregados á Orden dos Frades Menores (agregación renovada o 9 de agosto 1905). O carisma desta institución é a hospitalidade e a vivencia das Bienaventuranzas no exercicio das obras de misericordia.

A primeira presenza desta Orde en Tui foi a “Colégio da Ponte” que acolle a relixiosas e alumnos do Colégio Santa Clara de Valença pechado polas disposicións do novo goberno republicano portugués en outubro de 1910.

A iniciativa do Consello Xeral da Orde, e con axuda dos Franciscanos portugueses instalados en Tui, se tiñan establecido en Tui un primeiro grupos de relixiosas nos primeiros días de 1911 nun soltar sito logo da Ponte do río Tripes; coma o seu aluguer era alto logo se instalaron noutra casa da rúa Cuenca, case en esquina coa rúa San Telmo. Foi a primeira casa adquirida fóra de Portugal, establecendo nela unha residencia que chegou contar con 40 camas e acollía as monxas procedentes de país veciño e que fuxían da persecución iniciada nos primeiro tempos republicanos. Nun primeiro momento, ao parecer, o bispo tudense Valeriano Menéndez Conde non as recoñece como relixiosas, pero foi unha situación moi breve. No ano 1914 trasládanse as irmáns enfermas e maiores a outra casa na Cuesta Hernández, xusto por fronte da Sarabia, integrándose nesta casa e servindo para albergar tamén ás “meninas seráficas” ou postulantes de menor idade.

Paralelamente a Irmá Aurora do Meninho Jesús chega a Tui procedente de Leiria ao prohibir o goberno portugués a impartición de ensino a quen tivese pertencido a calquera orde relixiosa, onde organiza un colexio de nenas, reunindo a rapazas procedentes de Portugal. Instalouse nunha casa na rúa Martínez Padín, 34, na “Casa do Piñeiro” ou Colexio “San José”, onde recibía alumnas internas e externas e acollendo tamén a numerosas relixiosas hospitaleiras. A Directora deste Centro foi nomeada por Roma Superiora Xeral da Congregación en agosto de 1912 e durante algún tempo dirixe dende este centro a vida da orde. Diversos problemas derivados do alto número de irmás, e o escaso número de alumnas xunto aos cambios políticos en Portugal levan a que este colexio fose transferido para Ponte de Lima a comezo de 1915, onde tomou o nome de Colégio Vasco de Gama.

No mes de setembro de 1911 chega a Tui instalándose nunha casa da rúa San Telmo a Superiora Xeral, Nai María de Asis, xunto con outras superioras e profesas ubicándose na nosa cidade a Casa-Nai da Congregación e o seu noviciado. Nesta casa terá lugar o 26 de abril de 1912 a primeira toma de hábito de varias novicias. A principios de decembro de 1911 abren unha cuarta casa en Tui, na rúa Sarabia, como a Casa de Noviciado na rúa San Telmo resultaba pequena para as súas necesidades, en febreiro de 1916 se traslada este Noviciado á casa da Sarabia, onde estaba dende 1913 a Casa Nai da Congregación, manténdose neste lugar ata o inicio da Guerra Civil española.

Deste xeito, no ano 1913 as “Hospitaleiras” dispuñan en Tui de catro casas: “a da Calle San Telmo, com o Noviciado, que pela sua pequenez, se assemelhava à Santa Casa de Nazaré e nâo acomodava máis de 20 pessoas; a da Calle Cuenca, para as Irmâs velhinhas, onde estavam mais de 30; a do Pinheiro, onde tínhamos o colégio com internato de meninas portuguesas e externato de meninas espanholas; e a da Sarávia, que nesse mesmo ano foi reconhecida como Casa-Mâe da Congregaçâo”.

Pero axiña mudan as cousas. Tras a desaparición da Casa da rúa Cuenca, do Colexio “San José” e do Noviciado da rúa San Telmo en 1914, 1915 e 1916 respectivamente a casa da Sarabia foi adquirida pola Congregación en setembro de 1915, acollendo esta triple función: Casa Nai, Noviciado e Colexio Seráfico. As necesidades derivadas do crecemento do Orde obrigan a unha ampliación grande do convento inaugurada o 19 de marzo de 1929.

O inicio da Guerra española forzou unha precipitada saída das relixiosas que trasladan o Noviciado para Caminha, o Colégio para Ermesinde e o Consello Xeral para a Casa da Saúde da Boavista de Porto. Había daquela na Sarabia 80 novicias, 40 postulantes e 20 seráficas. Ao longo destes anos tiveron lugar en Tui 744 profesións de ingreso nesta Congregación, 23 na Casa de San Telmo e as restantes na Sarabia.

Esta dilatada presenza da Orde na nosa cidade xustifica que as “Franciscanas Hospitaleiras” teñan á cidade de Tui como o segundo berce da súa congregación e que dende a nosa cidade se ampliase a expansión internacional da orde.

Ficarán na Sarabia algunhas irmás para coidar do covento e haberá que agardar ao fin da guerra mundial para que esta casa retorne a posuír actividade, agora como “Casa de Exercicios Espirituais Nosa Señora de Fátima” e “Casa Sacerdotal” da diocese de Tui que mantivo a súa actividade ata a década de 1980, converténdose, logo dunha reforma integral do edificio, no ano 1992, na residencia “Paz y Bien” para enfermos e anciáns, que continua actualmente en funcionamento e que acolle a sede da provincia

Neste percurso pola presenza das franciscanas hospitaleiras en Tui apuntar, por último, que os acontecementos da revolución portuguesa de 1974 atemorizaron ás superioras desta congregación que de novo retornaron á Tui ocupando as dependencias do “palacio episcopal” coa súa sede xeneral durante varios anos, ate que retornaron definitivamente a Portugal.

As “Hospitaleiras” tiveron acollida tamén en Baiona –onde continúan presentes-, O Porriño ou Verín. Tamén as irmás Hopitaleiras estaban presentes na cidade de Valença do Minho onde tiñan o Colégio de Santa Clara, sito na rúa San Francisco, do que foron expulsadas a finais de outubro de 1910; a súa directora a Irmá Escolásticas do Anxos mudou o centro educativo para unha casa fronte a Aduana tudense creando o “Colégio da Fronteira” ou “Colégio Portugués” ao que acudían as alumnas valencianas, que logo eran levadas á exame á profesora oficial en Valença. O colexio foi de novo aberto en Valença en 1916, como un “Externato ou Escola” aínda que con certa polémica na prensa rexional e do profesorado oficial, que leva a que o Ministerio de Justiça decrete o seu peche en 1917, suscitando a oposición de moitos valencianos. En xaneiro de 1918 revócase esta decisión autorizando a “reabertura da Escola Valenciana tamén denominada Colégio de Santa Clara”, que de novo tiña voltado á casa da fronteira tudense.

Pasado o tempo, en 1928 este Colexio de Valença é trasladado ao grandioso edificio do “Asilo Apolinario da Fonseca”, promovido pola Santa Casa da Misericordia, construído perto da estación do ferrocarril de Valença, no que acollerían alumnos externos, internos e orfos (segundo o contrato asinado tiñan de acoller a cinco orfos e un máis por cada dez alumnos pensionistas). Este centro tivo un alto prestixio e nel estiveron as irmás “hospitaleiras” ata 1974, cando a revolución portuguesa dos “cravos”.

Con estas notas dende “Tudensia” felicitamos ás Irmás “Hospitaleiras” por este centenario de presenza en Tui e agradecemos a súa permanente achega á vida da nosa cidade nos ámbitos social, educativo e asistencial e pola inmediata beatificación da súa fundadora.

martes, 3 de mayo de 2011

Marga do Val acada o premio á mellor tradución por "Randea do alento" de Herta Müller



A escritora tudense Marga do Val logrou o pasado sábado premio á mellor tradución ao galego do ano 2010 pola súa tradución da novela “Randea do alento” da escritora romanesa Herta Müller, premio Nobel de literatura do ano 2009. Os premios AELG foron concedidos en Santiago de Compostela pola Asociación de Escritores en Lingua Galega. Este recoñecemento súmase ao recente Premio da Critica polo seu poemario “A cidade sen roupa ao sol”.

Dende Tudensia nos sumamos os parabéns á Marga do Val polo seu fecundo traballo literario e polo recoñecemento logrado que testemuña a calidade da súa escrita.

“Randea do alento” foi presentada na Biblioteca Municipal de Tui, nunha sesión do seu clube de lectura de adultos, o pasado 5 de outubro nun acto no que participaron xunto á tradutora, a escritora María Xosé Queizán e a doutora en filoloxía xermánica Montserrat Bascoy Lamelas.

Xa Dolores Vilavedra nunha crítica publicada nas páxinas de Galicia de El Pais anunciaba a cobizosa tradución de Marga do Val: Tamén co mal como algo inherente á condición humana nos enfronta Randea do alento, de Herta Müller, Premio Nobel de Literatura 2009 e que, como outras voces galardoadas pola Academia sueca, tamén fala en galego. Randea do alento é un libro estarrecedor, que nos mergulla nunha realidade da que pouco se ten falado: os campos de traballo soviéticos. Herta Müller traballa coas lembranzas alleas, espiña dorsal da súa identidade, para construír un texto que nos atrae e nos repele a un tempo, para convidarnos a descender a un inferno que ela eleva á categoría humana por medio dunha escrita ás veces libérrima e transgresora como a mellor poesía, e outras ferozmente precisa. Traer ao noso idioma este asombroso e persoalísimo exercicio estilístico é un reto do que a tradutora e (re)creadora Marga do Val sae moito máis que airosa: a versión galega é un modelo do que debería ser a tradución literaria e, dende xa, firme candidata a calquera premio de tradución.

Tamén Laura Caaveiro no suplemento Letras do Faro de Vigo sinalaba: Randea do alento, traducida do alemán a un vizoso galego por Marga do Val, quen nos di que cumpría ser leal a esta historia, a esta escrita, á lingua, ao poeta Oskar Pastior... e a ese título “Atemschaukel” que Müller escolleu por ser unha palabra do poeta dadaísta.. Da biografía da escritora nacida en Romanía, membro da minoría alemá, que dende os 80 vive en Berlín, hai moito nesta novela. Están os anos de traballos forzados da súa nai en Ucraína, no remate da Segunda Guerra Mundial.. Está a admiración de Müller por Oskar Pastior, tamén deportado a un campo de traballo aos dezasete anos. Será o alter ego do protagonista Leo Auberg, e como Auberg vivirá co medo de que se coñeza a súa homosexualidade nunha sociedade que a castigaba como delicto. Están a incomunicación, a fame e o frío, a vida nas condicións máis extremas. Con prosa intensamente poética mestúranse os sentimentos coas imaxes surrealistas que marcan o estilo de Herta Müller, coa metáfora do Anxo da Fame, coa paisaxe dos seres desposuídos que lle deu o recoñecemento a nivel mundial.

Finalmente unha palabras da propia tradutora no limiar desta novela que nos axudan a valorar o traballo desenvolvido nesta tradución: “No remate sempre fica a palabra, a única equipaxe. Todo o que teño, lévoo comigo, di Leo Auberg, o personaxe que nos fala na primeira frase desta magnifica novela. Mais el, como o poeta Oskar Pastior, só pusía palabras, palabras que lles permitiron (re)inventar a realidade que lles tocou vivir. A palabra é a materia coa que traballa a escrita, como a escritora Herta Müller, perturbadora, capaz de transmitir a contraditoria beleza ferinte. Cumpría ser leal a esta escrita. (...) Palabras que inventan un mundo diferente, demasiado terríbel e doloroso, contra o que só se pode loitar cunha ladaíña: Ben cho sei, ti vas volver. Unha frase que tamén a nós nos mantén na vida. Como ese pano de batista que acompañará a Leo Auberg, a Oskar Pastior e a Herta Müller o resto dos seus días. Cumpría ser leal a ese pano.

Ese pano que acompañou envurullado as mangas das chaquetas de tantas infancias ou o atado dos carros, que era mellor levar sempre antes de saír da casa, sempre podía facer falta. Un pano universal que nos une á obra de Herta Müller, á dor é a fame (ou diremos como por estas terras do Baixo Miño ‘fome’?) do mundo, ‘a extrema soidade do ser humano’. Ese pano que nos salva é a lingua, a mesma coa que Leo Auberg imaxina recendos de alimentos onde non os hai, as mulleres cociñan magnificas receitas sen alimentos coa arte de contar e nas páxinas lemos de cores, sabores e formas das que nada sabiamos. Cumpría ser leal a lingua (... pois) a escrita contribúe a agrandar a equipaxe das palabras

Moitas veces o labor de tradución non está recoñecido como é merecente, pois é un labrioso traballo literario no que compre combinar a fidelidade ao texto e estilo do autor garantindo unha calidade literaria na lingua na que vértese a obra. Testemuñas que fomos do esforzo realizado por Marga na tradución desta novela que achegou aos lectores galegos esta fermosa, ferinte e reflexiva obra de Herta Müller, queremos agora sumarnos ás felicitacións por este recoñecemento dos escritores en lingua galega. Ben cho sei, ti vas volver.

Para quen queira saber máis sobre a obra:

http://www.anosaterra.org/nova/randea-do-alento-obra-imponente-de-muumlller-.html