Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de abril, 2017

A descrición de Tui na viaxe de Albert Jouvin

As referencias históricas á presenza de peregrinos nas terras tudenses ao longo dos séculos son abondosas e teñen sido abordada en diversos estudos e publicacións. Unha relación non completa abrangue nomes como a Rainha Santa (alomenos en 1325), os monarcas Afonso II (1219) ou Manoel I (1502); peregrinos doutras terras como os cabaleiros ingleses Arnolfo e Osborne (1147), o nobre alemá Leon de Romithal de Blatna (1466), o cabaleiro polaco Nicoplau von Popplau de Silesia (1484), o astrónomo xeramano Hieronymus Münzer (1495), Frei Claude de Bronseval e o seu señor, o abade Edme de Salieu (1532), Giovanni Battista Confalonieri un presbítero de Italia que acompañou ao Patriarca de Xerusalen, monseñor Fabio Biondo de Montalto, na sua peregrinación xacobea (1594)... Pero andando nos tempos e coa chegada das novas modas aparecen novas referencias ao paso por Tui e as súas terras de peregrinos ou mellor dito viaxeiros que percorren diversos países europeos e se achegan ata Santiago

Na morte de Ricardo García Fernández (1929-2017), presbítero

Na noite do primeiro día de Pascua, o pasado luns 17 de abril, cando xa comezou a novena de San Telmo, o noso querido D. Ricardo García Fernández foi chamado polo Pai para celebrar o “paso” definitivo ao Reino. Non por esperada é menos dolorosa a noticia de quen foi, desde a súa infancia e así lle gustaba a él lembralo “sacerdote sempre, sacerdote en todo, só sacerdote”. Neste “dies natalis”  para o ceo culmina unha intensa vida que a providencia amorosa de Deus guiou primeiro ao Seminario tudense, logo a Roma como alumno de Historia na Universidade Gregoriana, despois como formador no Seminario, desde 1962 como párroco do Sagrario tudense, desempeñando ao tempo diversos labores diocesanos -delegado do clero con monseñor Delicado Baeza-, cóengo desde 1973 e tras a súa xubilación, en 2004, encargado do culto na Catedral. Grande de estatura e grande tamén en todas as súas empresas  e actividades. Resumir cincuenta anos de vida parroquial ou corenta e catro anos como cóengo n