Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de 2018

Francisco Sánchez, un tudense no discurso “Alba de Gloria” de Alfonso R. Castelao

O Consello da Cultura Galega organiza na igrexa de San Domingos de Bonaval de Santiago de Compostela unha exposición temporal centrada no afamado discurso pronunciado por Castelao o 25 de xullo de 1948 no Teatro Argentino de Buenos Aires. Foi a última alocución pública pronunciada polo intelectual e político rianxeiro, o que lle concede aínda unha maior significación. Este discurso titulado “Alba de gloria” é unha peza cimeira da oratoria galega, plena de simbolismo e fulcral na construción do relato identitario galego (...) mais o “Alba de Gloria” non é só unha peza retórica senón tamén unha reflexión de amplo alento e, ao tempo, síntese perfecta da visión plástica de Galicia e a súa historia que o rianxeiro foi construíndo ao longo do seu vivir peza artéllase a partir da poderosa imaxe dunha Santa Compaña de homes-guía inmortais que inclúe santos, figuras de ciencia e de letras, creadores... que se desenvolve como metáfora da tradición, desa forza máxica que .que non é a Hist

O 850 ANIVERSARIO DO ANO 1170: un fito da historia tudense, unha oportunidade para repensármonos

A historia de Tui posúe na súa alongada traxectoria algunhas datas especialmente significativas e que conforman os principais fitos da nosa andaina colectiva que cómpre lembrar e sinalar no noso calendario. Fernando II. Tumbo A da Catedral de Santiago O ano 1170 é unha desas datas. Nos principios daquel ano o rei de Galicia e León, Fernando II, concede á cidade de Tui unha carta foral e establece o seu “traslado” da súa poboación dende as chairas de Santa Eufemia e San Bartolomeu ata o alto do outeiro onde xa se asentaba  a cidade, que amplia e ordena amurallar. Certamente podemos afirmar que esta data de 1170 é un dos momentos fundantes da cidade de Tui, da súa configuración que chega ata os nosos días. En datas futuras analizaremos polo miudo, dende este blogue, o contido dese momento histórico, da súa relevancia e significación. Apuntaremos hoxe varias notas que sirvan de contextualización e introdución aos acontecemento que vive Tui naquel 1170. Cabe lembrar que na Al

O navío "San Telmo" e o "descubrimento" da Antártida

O pasado día 6 de agosto o xornal “El Mundo” publicaba un artigo titulado Muerte en el hielo: los españoles olvidados que descubrieron la Antártida ( http://www.elmundo.es/papel/cultura/2018/08/06/5b65d7cf268e3e425d8b4611.html ) en que rememora a expedición do navío San Telmo de 1819 e que foron os primeiros homes documentados en chegar ao continente antártico aínda que por mor das inclemencias climáticas e que provocaron tamen a mortede todos naquela viaxe. Recolle este artigo á noticia da edicion por parte do afamado escritor de novelas históricas sobre heroes españois,  Alber Vázquez (Rentería, 1969), dun novo libro, recen saído do prelo de  La Esfera de los Libros, titulado: Muerte en el hielo. La historia del San Telmo y los españoles que descubrieron la Antártida .   A edición desta obra é unha oportunidade para lembrar esta desventurada expedición do navio “San Telmo”  un dos buques de mais sona no seu momento que fora construído nos “Reales Astilleros” de Esteiro (Fer

Unha contextualización histórica de San Telmo

A figura de San Telmo é unha referencia esencial na historia e na identidade tudense, pois dende hai mais de oito século acompaña á vida das xentes de Tui. Moito se ten escrito sobre a súa figura, o seu culto e devoción, sobre a extensión xeográfica desta advocación, a súa iconografia, o proceso de identificación entre Frei Pedro Gonçalves, o Corpo Santo e San Telmo... por citar algunha das múltiples perspectivas desde as que podemos achegarnos á figura do noso patrón. Moitas das biografias existentes sobre San Telmo non deixan de ser unha haxiografia, que beben de fontes medievais (tanto dos seus miragres como da súa vida recollida no Pasionario da Catedral tudense) e modernas (especialmente as obras de Frei Fernando de Pineda do século XVIII) pero carecen dun achegamento ao seu contexto histórico que permita comprender a permanencia do culto e a devoción a un frade dominico que foi transformándose de Frei Pedro Gonçalves a Corpo Santo e, desde o século XVI, a San Telmo ou Sa

Manuel Fernández-Valdés Costas, cronista oficial de Tui

Manuel Fernández Costas (Tui, 1887-1962) reclama una biografía que nos achegue a súa importancia e significación. Trátase dun dos principais investigadores da historia tudense e tamén, curiosamente, dos mais esquecidos na actualidade. Neste blog temos recollido en diversas oportunidades referencias á súa actividade e, incluso, algún dos seus artigos xornalísticos. No volume III da revista “ Tuy. Museo y Archivo Histórico Diocesano ” (1980) o seu fillo Eloy publica un moi breve apunte biográfico do seu pai xunto a unha moi interesante achega das súas publicacións, especialmente en xornais e revistas, pois en formato libro unicamente saíron dos prelo dúas obras da súa autoría. Unha de carácter profesional (foi funcionario do Corpo Pericial de Aduanas) titulada “ Arbitrios, impuestos y recargos que liquidan las aduanas en la importación y exportación de mercancias ” (Madrid, Editorial Plutarco, 1948) e outra sobre historia tudense e que recolle e amplía unha serie de artigos publi