Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de abril, 2014

A primeira cita do “Fogo de San Telmo” no libro “Embajada a Tamorlán” de 1406?

O coñecido fenómeno do “Fogo de San Telmo” son iluminacións eléctricas ou brilos fosforescentes que nas tormentas aparecen nos mastros e aparellos dos barcos. No antigüidade clásica eran identificadas con Castor e Póllux e nos primeiros tempos cristián recibiron o nome de fogo de San Elmo, na honra de San Erasmo de Formia, santo patrono dos mariñeiros. Durante as persecucións do emperador Dioclesano (244-311), Erasmo sufriu unha serie de terribles torturas, ata que ao final, segundo recolle "La legenda aurea" de Jacobo de Voragine (c.1230 - 1298) "o seu estómago foi partido en dous e os seus intestinos foron enrolados nun cabrestante". A asociación de San Erasmo aos mariñeiros pode deberse a que nunha ocasión continuou predicando aínda cando un raio caeu onda el. Por este motivo, ao rezar a San Erasmo, os mariñeiros podían buscar protección contra o perigo dos raios na mar. Pero nos tempos dos grandes descubrimentos, os mariñeiros galegos e port