Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de agosto, 2019

O sistema amurallado tudense (I): a muralla medieval

Dende a pasada fin de semana comecei unha sección quincenal no diario dixital “Comarcas na rede” (www.comarcasnarede.com) onde irei ofrecendo pequenos artigos de divulgación sobre o patrimonio cultural tudense e da súa contorna co obxectivo de achegar aos lectores deste dixital ao coñecemento da nosa cidade e os seus recursos culturais e turísticos. Considerando que tamén para os lectores de Tudensia poden resultar de interese estas colaboracións introducirei neste blog estas colaboración, recollidas nunha sección que denominamos “Porta das Trabancas” en referencia ao único postigo da muralla medieval tudense aínda hoxe conservado pero fora da ollada de veciños e visitantes.
Detalle do plano de Tui de Francisco Coello de 1856, onde
Se percibe a muralla medieval e a posterior ampliación da idade Moderna

A vella acrópoles tudense posúe unha alongada historia que reclama sempre a nosa atención pois nunha continuidade histórica ben documentada, alo menos dende os tempos da invasión romana da…

55 anos do Descenso do Miño

Hoxe sábado, 10 de agosto de 2019, a cidade de Tui acollerá unha nova edición do Descenso Internacional do río Miño, unha proba deportiva que cada ano se consolida como referente do deporte da piragua en Galicia pero tamén como un importante recurso turístico. Así foi recoñecido o pasado ano coa declaración, pola Xunta de Galicia, do Descenso do Miño como festa de interese turístico galego.


Celebramos este ano o 55 aniversario do inicio desta proba e a XLVIII edición deste Descenso (debido a que entre os anos 1969e 1977 non puido celebrarse esta competición por diversos problemas de orzamento) e dende este bloque queremos lembrar os inicios deste evento deportivo, rememorando especialmente a súa primera edición o 23 de agosto de 1964.
Achegarse aos inicios do Descenso do río Miño é tamén un xeito de achegarse aos importantes esforzos da sociedade tudense pola valorización e aproveitamento do río Miño. A perdida das condicións de navegabilidade deste tramo do río, a desaparición do tráf…