Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de junio, 2010

A romaría de Nosa Señora das Angustias no monte Aloia

O vindeiro domingo o Monte Aloia acollerá, un novo ano, a romeria dedicada á Virxe das Angustias que cada primeiro de xullo reune no cume daquel monte a moitos romeiros que acuden a esta festividade tradicional da bisbarra tudense. Con todo, na actualidade esta romería por mágoa ten perdido boa parte do seu atractivo, cando era unha magnifica oportunidade para o encontro dos veciños das parroquias cercanas ao monte Aloia que acudían en grande número; concretamente chegaban xentes de Atios, os Budiños, Guillarei, Soutelo, Rebordáns, Ribadelouro, Tui, Randufe, Areas, Sobrada, Pexegueiro, Malvas, Couso, Morgadáns e Peitieiros. É unha lástima que estas celebracións festivas de caracter comarcal teñan perdido boa parte da sua forza diante das festas locais. Sirvan este post para lembrar esta romeria tradicional da nosa comarca, con duas achegas de dous egrexios tudenses, Manuel Fernández Valdés e Xosé María Álvarez Blázquez. EL JUBILEO DE LAS ANGUSTIAS En julio comienzan las grandes

Xogos Florais de Galicia en Tui 1891

A cidade de Tui posúe unha longa historia chea de datas memorables cuxa lembranza contribúe ao coñecemento do noso pasado e consecuentemente da nosa identidade, construída en base este legado secular que singulariza a esta vella urbe. Pero a historia sempre a escribimos dende o presente, e resposta ás nosas expectativas actuais, xa que logo lembramos hoxe un acontecemento histórico para a cultura de Galicia, a celebración na nosa cidade dos Xogos Florais de Galicia en 1891, sendo o primeiro acto público celebrado integramente en lingua galega e que tivo como escenario o Teatro Principal tudense Unha corrente de opinión e de acción política que viña agromando ao longo da Restuaración culmina arredor de 1889-1990 coa publicación de dúas obras: “El regionalismo gallego” de Murguia e “El regionalismo” de Alfredo Brañas. Estas obras suscitarán a adhesión dos tres sectores do galeguismo naquela altura: os federalistas do lucense Aureliano Pereira, os liberais de Manuel Murguia e os conse

Centro de Interpretación "Tui, porta do camiño portugués"

Onte foi presentado aos medios de comunicación o Centro de Interpretación “Tui, porta do camiño portugués” que o Concello de Tui ten instalado no antigo edifício do convento de San Domingos, para promover o coñecemento deste itinerário xacobeo e a súa valorización. Este novo equipamento enriquece a oferta cultural da nosa cidade. Damos noticia en “Tudensia” desta apertura echagando unhas imaxes do mesmo e copia da nota de prensa enviada pólo Concello de Tui sobre este centro. O ANTIGO CONVENTO DE SAN DOMINGOS ACOLLE O “CENTRO DE INTERPRETACIÓN, TUI PORTA DO CAMIÑO PORTUGUÉS A SANTIAGO” A Concelleria de Cultura do Concello de Tui presentou a instalación no antigo convento de San Domingos do centro de interpretación “Tui, porta do camiño portugúes a Santiago” coa finalidade de promover entre peregrinos, visitantes e os propios veciños de Tui o coñecemento da historia e do patrimonio vencellado na nosa cidade oa camiño de peregrinación a Compostela.