Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2012

Próximo centenario do Dr. Francisco Comesaña e de Choncha Concheiro

Este blog ten, entre outros obxectivos, recuperar para a memoria da nosa cidade feitos, costumes e persoas vencelladas ao espazo tudense. Hai nomes abondosamente reiterados e outros que, coñecidos en diversos segmentos de idade ou condición, fican aínda practicamente descoñecidos para grande número dos nosos veciños. Un destes nomes é o de Francisco Comesaña Rendo, Paco Comesaña, e da súa muller Asunción Concheiro García, Choncha. Certamente aínda hai moitos amigos e coñecidos seus que poden achegar unha biografía con mais coñecemento e profundidade, pero a circunstancia de que no vindeiro ano cúmprase o centenario do nacemento de ambos xustifican este esbozo biográfico,  Francisco Comesaña morreu no ano 1997 pero Chonchiña aínda vive, agora dende hai escasamente dous anos en México. Estas notas están centradas especialmente na figura do doutor Comesaña baseándose nalgunhas lembranzas persoais e sobre todo na consulta de diversa bibliografía, que curiosamente é escasa. Francisc