Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2009

Tradición na Semana Santa tudense

Este blogue ten vocación de aportar datos e elementos sobre Tui e súa historia, sobre as tradicións e os costumes das nosas xentes, dos nosos devanceiros. Ao remate do tempo da Coaresma, cando achégase a Semana Santa é a oportunidade de botar unha ollada ás vellas tradicións arredor destas datas centrais do calendario cristián e que están inseridas na propia identidade tudense non só polo seu valor intrínseco, lembranza da pasión e morte de Cristi, senón como prólogo á semana grande das festas do San Telmo. Recollemos de seguido un interesante traballo de Manuel Fernández-Valdés sobre os actos da Semana Santa en Tui xunto con algunha referencia á vila veciña de Valença do Minho ata onde achegábanse moitos tudenses para participar nalgún dos actos alí programados- Para completar o panorama que esboza maxistralmente Fernández-Valdés, cabe lembrar a existencia dunha antiga procesión, desaparecida nos finais da década de 1960, o domingo I de Pasión, hoxe quinto de coaresma: a do

Crónica da Guerra de Independencia (VIII): a columna napoleónica do comandante Chapuzet e a súa derrota en Ribadelouro

As tropas napoleónicas, como viñamos apuntando, eran de continuo hostigadas polas forzas “paramilitares” dos paisanos de nosa terra, axudadas por elementos do exercito. Nestas últimas semanas outro lugar de enfrontamentos era nos arredores de Vigo, vila que estaba sometida a un cerco polas forzas populares. O día 27 de marzo de 1809 o xeneral Lamartinière, ao mando da praza de Tui, ordea a saida dun forte continxente de tropas capitaneadas polo comandante Chapuzet para auxilar aos sitiados en Vigo. Os mandos napoleónicos, coñecedores da situación dos diversos continxentes de tropas, organizan o desprazamento ata a cidade olívica. Relata o coengo Antonino Cerviño na súa obra inédita que “ conociendo sin duda, el descuido y la desorganización que reinaba en el campamento de Santa Comba, cuyo comandante como eclesiástico ( lembremos que era o Abade de Cela D. Miguel Pavón ) ignoraba por completo las leyes y las disciplinas de un puesto militar, dispuso Lamartinière... que tomando la co

Francisco Sánchez, no "Dicionario enciclopedia do pensamento galego"

Ten chegado ás miñas más un interesante e documentado libro que baixo o titulo de “Dicionario enciclopedia do pensamento galego” analiza as biografias de 110 pensadores significativos de Galicia así como 16 monografías temáticas (dende ‘antropoloxia’ a ‘relixión’) a cargo de destacados especialistas. A obra está promovida polo Consello da Cultura Galega e Edicións Xerais de Galicia. A curiosidade levoume de inmediato a pescudar polos nomes tudenses que figura na obra atopando os seguintes: Francisco Caldas Pereira e Castro (nado na metade do século XVI na nosa cidade e que acadou notable sona como xurista na Europa do século XVIII, aínda que é unha referencia dentro do artigo dedicado a Gómez Pereira, outro egrexio filósofo do século XVI, autor da monumental obra “Antoniana Margarita” que certos autores como o Padre Isla o declaran “galego pola graza de Deus e do bispado de Tui”), Mercedes Oliveira Malvar (1957) doutora en Pedagoxia e profesora de Ensino Medio de Filosofia e, finalmen

Crónica da Guerra de Independencia en Tui (VII): á Veiga do Louro primeiro escenario bélico

--> Deixabamos no anterior relato desta crónica aos diversos elementos das tropas e paisanos sitiadores instalados nos seus respectivos campamentosm arredor do 14 de marzo, comezando de seguido as escaramuzas coas tropas francesas. O 19 de marzo o Abade do Couto recibe no seu cuartel de Entenza a dous comisionados pola Junta Central para colaborar no cerco de Tui, Pablo Morillo e Manuel Acuña y Malvar, que chegan logo dunha accidentada travesia a través de Portugal, ainda que tamén estarán presentes no cerco de Vigo. En base ao relato de Ruibal logo recollido polo coengo Antonino Cerviño coñecemos con certo detalle os acontecementos que se suceden no campamento do monte de As Penizas, nas terras de Paramos. Osuna Rey resume así os feitos acontecidos no día 21 de marzo: Enterado D. Felipe de la Concha , jefe de la Compañía de Tiradores del Miño, que una columna estaba avanzando por el puente de A Veiga, decidió acometerla. La compañía descendió por el este de As Peni

Crónica da Guerra de Independencia en Tui (VI): establécese o cerco da cidade e as primeiras escaramuzas

Arredor do oito de marzo as tropas, basicamente integradas por paisanos e al´gún militares , establecen o cerco á cidade de Tui. O cuartel xeral deste operativo militar foi establecido en Entenza, parroquia do actual concello de Salceda de Caselas, afastado bastante quilómetros de Tui. Artellouse o cerco mediante catro campamentos ou avanzadas que controlaban as comunicacións de Tui con outras cidades e vilas, a saber: - No monte das Penizas, en Paramos, co obxectivo de controlar o camiño cara Ourense. Esta comandado por un capitán e polo Abade de Toutón e integrado por xentes procedentes das comarcas da Paradanta, Condado e Louriña. Entre os mozos foi creada una Compañia de tiradores, dirixida polo presbítero de Ponteareas, Felipe de la Concha, que levou primeiro o nome de “Tiradores de Sobroso” e logo “Tiradores do Miño”, e estaba integrada por 260 prazas. - Na parroquia de Ribadelouro foi instalado un segundo campamento para controlar as comunicacións con Vigo. Esta baixo o mando

O Paseo da "Corredera", unha hipótese

Participei hoxe nunha agradable tertulia no programa matinal da Radio Galega, celebrada en Tui, sobre o propio Palco da Música, no céntrico “Cantón de Diomedes” para falar do Paseo da Corredera tudense, nun percorrido que realizan polas máis emblemáticas rúas de cidades e vilas de Galicia. Falar do Paseo da Corredera é falar do centro da vida social da nosa cidade, dese longo rueiro que é escenario dos principais acontecementos no devir colectivo tudense. É a ampla rúa para o paseo, para a tertulia, para o xogo dos cativos, para enterarse de canto acontece, para ver e ser visto (ou para mirar pois cos tudenses nunca se sabe)... un espazo público excepcional pola súa centralidade e amplitude, polo seu caracter peonil, que promove o encontro, a charla, o paseo... en definitiva un espazo único para crear comunidade, identidade, cidade. Amáis a súa propia configuración é case unha metáfora por leva aos seus paseante dende o interior da cidade histórica a unha ampla panorámica da veiga

Crónica da Guerra de Independencia en Tui (V): os preparativos do cerco

--> Como los franceses que quedaron en Tui y otra porción grande de ellos en Vigo pedían a las aldeas de las inmediaciones raciones sin término, robaban y saqueaban quanto hallaban en ellas sin respetar lo más sagrado de los templos pues los entraban y llevaban hasta los vasos sagrados hechando por el suelo las sagradas formas, y hacían pedazos con los sables las imagenes de los santos, como yo he visto algunas en astillas: los paysanos que no podían mirar esto con indolencia trataron de sacudirse de sobre si una carga tan pesada y odiosa como lo era la presente; y hechando mano a las armas como único recurso que les quedaba se presentaron con ellas en el campo O historiador tudense Francisco Avila y Lacueva, testemuña presencial destes feitos, relata deste xeito como os tudenses sofren os abusos das tropas invasoras extendéndose o espirito de insurrección entre as xentes da nosa terra. Namentras, logo que Soult, coas suas tropas está xa no interior da provincia de