Ir al contenido principal

Crónica da Guerra de Independencia (VIII): a columna napoleónica do comandante Chapuzet e a súa derrota en Ribadelouro


As tropas napoleónicas, como viñamos apuntando, eran de continuo hostigadas polas forzas “paramilitares” dos paisanos de nosa terra, axudadas por elementos do exercito. Nestas últimas semanas outro lugar de enfrontamentos era nos arredores de Vigo, vila que estaba sometida a un cerco polas forzas populares.
O día 27 de marzo de 1809 o xeneral Lamartinière, ao mando da praza de Tui, ordea a saida dun forte continxente de tropas capitaneadas polo comandante Chapuzet para auxilar aos sitiados en Vigo. Os mandos napoleónicos, coñecedores da situación dos diversos continxentes de tropas, organizan o desprazamento ata a cidade olívica. Relata o coengo Antonino Cerviño na súa obra inédita que “conociendo sin duda, el descuido y la desorganización que reinaba en el campamento de Santa Comba, cuyo comandante como eclesiástico (lembremos que era o Abade de Cela D. Miguel Pavón) ignoraba por completo las leyes y las disciplinas de un puesto militar, dispuso Lamartinière... que tomando la columna la dirección del Angel bajase al camino general de Vigo, arrollando a su paso si fuese necesario las fuerzas de este campamento de Santa Comba”. Pero a presenza das tropas non foi advertida polo que continuaron cara Vigo.
Namentras naquela cidade o lider das tropas sitiadoras, coronel Pablo Morillo (na fotografia), recibe o aviso de que este continxente avanzaba, con segredo envia un grupo para cortarlle o paso, pois estaban a punto de recuperar a praza viguesa, como sucedeu o día 28.
Namentras e seguiremos agora o remato de Portela Pazos las tropas y paisanos, que salieron para hacer frente a los que venían de Tuy, con tal denuedo y vigor lucharon, que desde Castrelos los obligaron a retroceder y en su persecución marcharon, ayudados en el camino por los de Porriño, que alentaba Baltasar Casqueiro, por los equipos de los tudenses Ramón de la Barcia y Cosme Seoane, que los aguardaban junto a Santa Comba y por otros más en las alturas de Guillarey. Y en forma tal los desbarataron que, de los 470 dragones que salieron de la capital tudense, solamente unos 48 o 50 –dice Morillo- pudieron retornar a ella, quedando prisioneros unos 72, que pasaron también a los navios ingleses, y tendidos en el campo, heridos o muertos, los demás. O balanzo desta acción completase coa información que fornece Cerviño: foron recollidos máis de trescentos fusís e moitos sabres, pero tamén compre reseñar que houbo moitos feridos e ata catro mortos polas tropas españolas.
Osuna Rey no seu libro sobre “Los franceses en Galicia” recolle o testemuño do párroco de Ribadelouro, Rvdo. Faustino Vázquez, no seu libro de defuntos no que relata o seguinte: En veintiocho de marzo de mil ochocientos nueve subieron por esta parroquia como unos cuatrocientos hombres de infanteria francesa en socorro de los que estaban posesionados de la villa de Vigo y mataron impunemente a Juan Besada, marido de Josefa Romero; Juan Ignacio Rodríguez; Juan González, marido de Antonia Fernández, mis feligreses; y a un militar español disperso y enfermo de tercianas, sin que se sepa su oriundez; a todos con la mayor crueldad, como que al Rodríguez lo pasaron a cuchilladas despues de haberle tirado cuatro balazos; al González haberle pasado la frente con un balazo y le cortaron la mano derecha, y al disperso le dieron hasta cinco balazos solo porque le encontraron comiendo un poco de pan; bien lo vengaron nuestros tiradores la vuelta de Vigo, que de los cuatrocientos franceses solo entraron de vuelta a Tuy, de catorce a quince sanos; quedaron en esta parroquia seis muertos, uno de los cuales auxilié del modo posible y está enterrado en el atrio de esta iglesia, tres prisioneros, dos heridos, uno con la pierna tronzada de un balazo, el otro con un muslo....
A “reconquista” de Vigo significa, principalmente, que o obxectivo único das tropas do sur de Galicia estará centrado na liberación da cidade de Tui, da capital provincial, e onde os franceses tiñan situado o seu principal posto de referencia, agardando a chegada de reforzos das tropas do mariscal Soult que dende había máis de tres semanas partirás polo rio Miño arriba para atravesar a fronteira e ocupar o reino de Portugal, e que o 29 de marzo ocupa a cidade de Porto.
Deste xeito ata o cerco de Tui chegan novos reforzos pero tamén novos protagonismos, novos enfrontamento entre os lideres das tropas españolas... que dificultan de xeito especial a consistencia do cerco da nosa cidade.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Emma Álvarez Besada a primeira tudense doutora en medicina

O legado dunha comunidade está conformado por un conxunto de bens materiais, que adoitamos denominar patrimonio, xunto cun amplo abano de elementos inmateriais que definen o seu carácter e a súa pervivencia no tempo. Entre estes bens intanxibles ou inmateriais ocupan un lugar non menor aquelas personalidades que ao longo do tempo teñen deixado unha pegada perdurable na memoria colectiva ou aquelas outras que, ás veces esquecidas ou non recoñecidas, expresan na súa traxectoria fitos senlleiros para a vida colectiva. Hoxe queremos recuperar dende Tudensia unha desas figuras olvidadas pero que no seu momento histórico tiveron unha pegada significativa na vida social e colectiva da nosa cidade e de alén dos seus termos xeográficos. As novas demandas sociais se expresan tamén na historiografía que investiga aos grupos sociais discriminados ou marxinados nos diferentes momentos do pasado. Retrato de Emma Álvarez Besada, foto da orla da Facultade de Medicina de Madrid, 1931 Unha revis...

A fábrica de galletas "La Peninsular"

Temos sinalado neste blog en diversas oportunidades o descoñecemento que posuimos da historia contemporánea de Tui fronte a outros períodos históricos moito mais investigados que a nosa historia mais recente. Aspectos como a vida política tudense na primeira metade do século XX seguen esperando un achegamento como tamén os procesos e dinámicas socias desenvolvidos no noso territorio. Hoxe ofrecemos en Tudensia un post sobre a fábrica de galletas “La Penínsular” que abrangue case medio século da vida económica tudense. Achegamos a información ofrecida polo profesor de historia económica da Universidade de Santiago de Compostela, Angel Ignacio Fernández González, no seu blog “Galicia Agraria” nun documentado post sobre a industria de galletas en Galicia nos principios do século XX. Aportamos a rica e moi completa información que achega profesor Fernández algunha pequena referencia da nosa autoria colocadas como notas. http://galiciaagraria.blogspot.com.es/2012/03/gall...

Bo Nadal cun texto de Manuel Lago González: “Noite Boa” (1892)

Felicitamos hoxe aos seguidores de Tudensia estas festas do Nadal recuperando un breve texto, non o chamaría nin relato, sobre como se celebraba a Noiteboa nas aldeas de Tui nas últimas décadas do século XIX, nun momento en que os labregos galegos vivían nunha economía de subsistencia e nunhas moi duras condicións de vida. Anxo no capitel do arco triunfal da igrexa de San Domingos de Tui, sec. XV Trátase dun texto de Manuel Lago González publicado o 24 de decembro de 1892 no xornal tudense “La Integridad”. Daquela Manuel Lago era un presbítero que formaba parte do claustro de profesores do Seminario tudense e que tiña unha activa participación como xornalista e na vida social en Tui. Ao xornalismo entregouse Lago con verdadeira ardentía e a tarefa que se impuxo foi querer incorporar a defensa das tradicións e os intereses de Galicia ao ideario católico de signo integrista (oposto radicalmente ao liberalismo). Este texto, que non foi publicado posteriormente a súa edición en “La Int...