Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2020

Parlamentarios tudenses IX: Augusto González Besada, un tudense na cima da política española

Nas eleccións de 1893 e de 1898 resultará electo polo distrito pontevedrés de Cambados o tudense Antonio Díaz de Rábago y Aguiar, que morre moi novo neste último ano. Pertenceu ao Partido Liberal y estivo sempre ligado á figura do politico galego Eugenio Montero Ríos. Retratro de Augusto Gonzalez Besada no Salón de Plenos da Casa do Concello de Tui (1920) Tras o seu pasamento sucédeo, en 1899, na representación pola vila de O Salnés un dos mais egrexio tudenses, Augusto González Besada y Mein . Foi un dos grandes políticos galegos da Restauración membro do Partido Conservador. “ Orador metódico e persuasivo demostraba nos seus discursos a fonda preparación que dedicaba ao estudio dos grandes problemas (…) era un intelectual que pretendeu darlle á política a modernidade e fondura da que carecía ”. Fillo de Basilio González Besada Vidal, avogado, alcalde de Tui e deputado provincial en varias oportunidades, autor dunha obra moi práctica sobre os foros, era de ideas integristas como o

De novo, Tui cidade slow?

Hai agora nove anos (13 de maio de 2011) publiquei un post neste blog sobre a pertinencia dunha reflexión para integrar á cidade de Tui no movemento das cidades “Slow”. Logo de case unha década, reproducir de novo este artigo segue resultando, por unha banda, oportuno pero, ao tempo, un tanto desalentador por canto en todo este tempo a sociedade tudense segue afastada dunha reflexión sobre o seu futuro e a posta en valor dos seus recursos endóxenos que teñen potencial dabondo para ofrecer amplas posibilidades de desenvolvemento e progreso. Tui foi historicamente unha cidade de servizos (administrativos e comercias basicamente) pero precisa ampliar a súa oferta de servizos (hoxe especialmente comerciais e turísticos) cara a calidade e, moi especialmente, a singularidade, os únicos recursos para tentar competir con éxito. O movemento das cidades slow que abrangue a numerosos países, en España aínda conta cun número reducido de vilas e cidades (Balmaseda, Begues, Begur, Bubión, Leke

Sor Lucía e Tui: unha relación escondida?

Actualmente unha das advocacións marianas máis estendida, non xa na Península Ibérica senón polo mundo enteiro, é Nosa Señora de Fátima. Hai escasos días resultaba arrepiante comprobar como as celebracións litúrxicas do 13 de maio no santuario portugués estaban sen peregrinos por vez primeira en case un século. No pasado ano 2019 foron un total de 6,3 millóns de peregrinos, maioritariamente non portugueses, os que visitaron o santuario atraídos pola devoción á Nosa Señora e pola espiritualidade que se vive naquel lugar. Neste lugar do interior de Portugal, en Cova de Iría, tres pequenos pastoriños, de Aljustrel, tiveron no ano 1917 ata sete visións de Nosa Señora a Virxe María: Francisco e Jacinta Martos e a súa curmá Lucía de Jesús Rosa dos Santos, que contaba daquela con dez anos de idade. A historia das revelacións marianas de Fátima, as mensaxes que a Virxe comunicou aos meniños nas súas visións, todos os procesos canónicos de verificación e a posterior difusión desta devoción

Aos nosos seguidores....

Dende o 23 de marzo Tudensia, neste período de confinamento pola pandemia do Covid19, ven publicando practicamente unha entrada diaria dedicada aos seguidores desta sinxela bitácora sobre Tui e os tudenses. Unha cita só interrompida polo descanso semanal, a Semana Santa e recentes circunstancias persoais que impediron cumprir co compromiso adquirido de acompañar cos artigos deste blog este tempo de obrigado confinamento.  En: Historical, Military, and Picturesque Observations on Portugal / George Landmann, London, 1818 Agora ao iniciarse este luns, 11 de maio, unha primeira fase da chamada “desescalada” e ir recuperando paseniñamente unha relativa normalidade nas nosas vidas (me parece que máis como unha aspiración que unha realidade, que, por mágoa, aínda tardará) recuperamos tamén neste blog un ritmo máis pausado nas nosas entregas. Neste tempo de confinamento foron un total de 39 entradas publicadas, dende o 23 de marzo pasado, con máis de 5.200 consultas ao blog ao longo deste te

Francisco Sánchez, en galego na revista "Nós" en 1922

O 30 de outubro de 1920 sae do prelo o primeiro número da revista “ Nós: Boletín mensual da cultura galega, órgao da Sociedade Galega de Pubricación Nós ” e como sinala nas súas primeiras verbas: Pra ledicia de todos e para enseño de moitos”. A revista “Nós” comeza a súa andaina editada en Ourense, nos seus primeiros quince números, para continuar logo por imprentas de Pontevedra, A Coruña e, finalmente, na imprenta de Anxel Casal en Santiago de Compostela onde será editado o último número pouco antes da sublevación militar do 18 de xullo de 1936, non chegándose a distribuír ao ser queimados os exemplares (agás dous) xunto coa imprenta de Anxel Casal polos sublevados. Pero a revista mantivo sempre como lugar de procedencia e sede a cidade de Ourense. A revista “Nós” ten unha singular importancia para a cultura de Galicia. Os primeiros responsábeis de Nós foron: Vicente Risco, director; Arturo Noguerol, xerente; Xabier Prado “Lameiro”, redactor xefe; Xulio Gallego, secretario de red

Parlamentarios tudenses (VIII): Mariano Ordoñez, a sucesión caciquil

Dende as eleccións de 1903 ata 1923, cando remata o réxime da Restauración, coa chegada da Ditadura de Miguel Primo de Rivera, repetira sempre como deputado polo noso distrito Mariano Ordoñez García , nado en Madrid no ano 1874, fillo do primeiro matrimonio de Ezequiel Ordoñez González, que foi tamén deputado polo distrito entre 1876 e 1901. Estudiou primeiramente Mariña que abandonou para cursar Dereito na Universidade de Madrid, culminando co seu doutoramento. Casou con Francisca Romero Zuleuta, filla do famoso político Francisco Romero Robledo, do Partido Conservador de Cánovas e con que traballara intensamente o seu pai Ezequiel Ordoñez. Ao residir permanentemente en Madrid tivo de apoiarse, para manter o control do distrito tudense, de modo máis notorio, na rede de influencias herdada, a que argallara o seu pai para manter o seu dominio político na comarca; un dos seus “delegados” foi Venancio Lorenzo, moitos anos Alcalde de Tui. “ Para contrarresta-los ataques que La Integridad

Unha xoia descoñecida: O Pontifical tudense do sec. XIII

Os seguidores de Tudensia teñen lido en innumerables oportunidades reflexións sobre que o patrimonio cultural tudense abrangue moito máis que a nosa catedral ou o conxunto histórico coas súas igrexas e rúas, ás súas expresións intanxibles I(hai escasos días falabamos das tradicións ligadas ao ciclo do maio), pero hai tamén outros bens patrimoniais de importancia senlleira que non son tan coñecidos dos cidadáns tudenses e que necesitan ser divulgados para espallar o seu coñecemento e valoración. Unha desas xoias escasamente coñecida é o denominado “Pontifical” tudense custodiado no Arquivo Catedralicio de Tui. Un centro que dirixe o cóengo Avelino Bouzón Gallego. Este obra é un códice realizado en pergamiño con ilustracións miniadas e iluminadas. É unha peza de finais do século XIII, realizado nun obradoiro de Roma e xunto a outro exemplar, da mesma orixe e cronoloxía da catedral de Sevilla, é unha peza única na Península Ibérica. O “Pontifical” é un libro litúrxico empreg