Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de agosto, 2010

Os vehículos no conxunto histórico: un comentario

O 16 de maio do pasado ano 2009 publicamos en Tudensia un post que baixo o titulo de “A necesaria regularización do tráfico no conxunto histórico” remataba cos seguintes párrafos: A adopción de medidas de regularización do tráfico na zona vella tudense, limitando o acceso exclusivamente aos residentes e sinalando as zonas exclusivas de estacionamento, estou convencido que repercutirán positivamente e promoverán unha concienciación do respecto necesario cara ao noso conxunto monumental. Con todo é abrir un proceso que deberá estar en constante revisión para comprobar o seu funcionamento e superar os desequilibrios ou problemas que produza. Unhas medidas que se poden adoptar progresivamente, iniciándose por exemplo nas fins de semana ou nos períodos vacacionais, cando numerosos turistas achegaranse ata Tui, pero que, cómpre non esquecer, terán como principais beneficiarios aos propios veciños de Tui. Logo de máis dun ano aquela proposta de debate suscitada dende as nosas paxinas

Unha nota sobre a música na Catedral de Tui

Fagot e obóe no Museo Catedralicio de Tui Neste mes de descanso as festas populares enchen as parroquias de Galicia e tamén na nosa bisbarra son numerosos os festexos que reúnen a veciños e visitantes arredor de romarías de grande sona. Pero a cidade de Tui celebra a festividade da Asunción de Nosa Señora, advocación que da nome a nosa Catedral, sen que esta festividade posua relevancia algunha. Recurrimos ao egrexio historiador tudense Manuel Fernández-Valdés Costas que na súa sección do “Calendario folklórico” do Boletín do Centro de Iniciativas e Turismo de Tui de agosto de 1961 publicaba o texto que de seguido reproducimos. O seu maior interese é rememorar unha vella tradición musical da nosa Catedral coa que se conmemoraba esta festividade: La fiesta de la Asunción El día 15 de agosto celebra la Iglesia la Asunción de Nuestra Señora que es la excelsa patrona de la Catedral de Tui. Al romper el día, la orquesta de Capilla, desde los pico (almenas) de la Catedral tocaba un him

Morre en Tui o pintor Xosé Luis de Dios

Na noite pasada falecia na nosa cidade o pintor Xosé Luis de Dios, natural de Ourense, pero residente en Tui dende hai moitos anos. Nunha vella rúa do conxunto histórico tiña instalado o seu estudio este egrexio artista, un dos máis significativos nomes da plástica galega contemporánea. Dende Tudensia amáis de expresarlle aos familiares e aos moitos amigos de Xosé Luis de Dios as nosas condolencias, queremos con este "post" feito na premura da actualidade contribuir ao recoñecemento deste singular artista que tivemos a sorte de contalo entre os nosos veciños. No xornal dixital de "A Nosa Terra" figura o seguinte apunte: Xose Luis de Dios é un dos artistas máis significativos do último terzo do século XX. Nado en Ourense no 1943 realizou a súa primeira exposición no 1963 e xa no 1967 expuña na recoñecida Sala Toisón de Madrid. A súa última exposición reuniu a súa obra no Centro Cultural Caixanova en xaneiro do 2008. Ligado aos movementos antifranquistas, mantivo