Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2019

No centenario de Emilio Álvarez Blázquez

O pasado 16 de abril cumpríronse cen anos do nacemento en Tui do poeta, escritor e animador cultural Emilio Álvarez Blázquez; ao rematar o ano deste aniversario non podemos deixar de lembrar a este persoeiro que ten deixado un amplo legado cultural, ligado tamén en boa medida a estas terras do Baixo Miño. Nado en Tui no 1919, Emilio era fillo do médico Darío Álvarez Limeses e de María Bláquez Ballester, que casaron en Tui logo de chegar Darío coa súa recente licenciatura en medicina ao ser contratado como médico hixienista polo Concello tudense en 1905 e María que retornara da súa Cuba natal xunto coa súa familia. Darío Álvarez Limeses, que viña dunha familia cunha longa tradición ligada ás letras,   terá unha destacada actividade na vida social tudense ao longo da súa vida. Colaborador nos medios de comunicación local, promotor de agrupacións musicais, de caza ou deportivas… Foi un destacado militante de Izquierda Repúblicana, partido que dirixía Manuel Azaña. Tras o gol

Reivindicación do boleardo de Nadal tudense

O tempo de Nadal, ao que nos achegamos, é un dos momentos máis representativos das tradicións, do acervo cultural que identifica a unha comunidade. As expresións que adoita este tempo se traducen na arte, nas devocións, na música, nas tradicións populares e tamén na gastronomía. Gaiteiro de Guillarei, fotografia de F. Zagala, c. 1900. Arquivo Museo de Pontevedra A modernidade e a pretendida globalización, que non deixa de ser unha uniformización, veñen provocando unha perda dos sinais identitarios que singularizan no tempo ás comunidades humanas. Un dos ámbitos onde máis evidente resulta este proceso é o Nadal, onde os costumes e tradicións locais sucumben fronte á presión dos mass-media e os seus intereses, tantas veces, exclusivamente comerciais. Por eso recuperar a memoria daquelas costumes e tradicións máis que centenarias que identificaban estas festas do Nadal en Tui é tamén un xeito de reivindicar a nosa condición tudense, o noso xeito de vivir e celebrarmonos estas

O Bombeiros Voluntarios de Tui

Ao longo deste ano 2019 os Bombeiros Voluntarios de Valença celebran o centenario da súa creación e o Concello de Tui, xunto ao Confraría de San Telmo, se teñen sumado a esta efeméride con senllos actos de recoñecemento o pasado novembro. Casco dos "Bombeiros de Tui" no Museo do Bombeiro de Valença Os bombeiros valencianos están intimamente ligados á memoria  colectiva dos tudenses que atoparon sempre neste corpo o auxilio preciso, superando as fronteiras administrativas e patentizando a perenne interrelación que existe entre valencianos e tudenses. Xa no ano 1934 a Liga de Amigos de Tui, que impulsaba Rosendo Troncoso, homenaxeou aos bombeiros de Valença polos “abnegados” servizos prestados. Trinta anos despois, en 1964, a homenaxe é máis ampla ao proceder dos concellos de Tui, O Porriño, Oia, Salceda de Caselas, Tomiño e O Rosal que xuntamente coas cidades de Vigo e Pontevedra expresan a súa gratitude e admiración polos altruístas bombeiros de Valença. Finalme