Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2009

"Australia remata a catedral que iniciou Rosendo Salvado" hoxe en La Voz de Galicia

Publica hoxe "La Voz de Galicia" na súa edición de Vigo un artigo que non podemos deixar de recoller en Tudensia. Noraboa ao amigo Jorge Lamas polo seu traballo.



Australia concluye la catedral que inició Rosendo Salvado El benedictino tudense puso la primera piedra del templo en el año 1863Autor:Jorge Lamas
El 8 de febrero del año 1863, el sacerdote benedictino Rosendo Salvado ponía la primera piedra de la catedral católica de Perth, en el oeste de Australia. El próximo 8 de diciembre, el arzobispo Barry J. Hickey presidirá la inauguración de la catedral iniciada hace 146 años. Ese día, un grupo de sacerdotes gallegos acudirán a los actos de celebración.Rosendo Salvado nació en Tui en 1814, pero su afán evangelizador le llevó hasta el occidente australiano, donde dejó una profunda huella al ser el primer europeo que consideró los derechos de la población aborigen, entonces despreciada. Su presencia en Australia tuvo también una importante consecuencia medio ambiental en Gali…

Nova biografia de San Telmo de Guillermo Juan Morado

Recollemos unha noticia sobre a recente edición dunha nova biografia sobre o Beato Pedro González, San Telmo, padroeiro da nosa cidade e diocese, da autoria do coengo Guillermo Juan Morado e editada polo Centro de Pastoral Litúrxica de Barcelona. A figura do frade dominico de Frómista dos inicios do século XIII segue suscitando interese e por conseguinte publicacións, hai uns meses o historiador tudense Suso Vila publicaba un amplo e documentado traballo titulado "Corpo Santo, Sal Telmo" e agora estoutra obra de caracter divulgativo sobre a biografia do beato tudense, refleciten a actualidade do noso "San Telmo". Falaremos noutro "post" destes traballos.





Agardamos a lectura desta obra pero para introducirnos poden os interesados achegarse a unha entrevista ao autor na seguinte páxina.

http://infocatolica.com/?t=noticia&cod=4801

Crear novo patrimonio co novo centro de saude de Tui (II)

O Diario Oficial de Galicia de hoxe, lúns 16 de novembro, publica unha resolución da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia pola que se procede á adxudicación da redación do proxecto do novo centro de saude de Tui ao estudio de arquitectura "Díaz&Díaz Arquitectura" por 76.270 euros. Unha boa nova que encamiña a resolución do grave problema existente no actual centro de saude tudense. Dende Tudensia queremos recuperar un "post" que publicamos a finais de decembro do pasado ano 2008 reclamando que este novo edificio contribuia a crear patrimonio na nosa cidade, que este inmboble resulte axeitado ao contexto urbano dunha cidade declarada Ben de Interese Cultural. A creación de novos elementos patrimoniais, nun caso coma Tui, ten a obriga de promover un sentido de continuidade entre o pasado e o presente, un elo condutor que garanta unha integración dos espazos públicos da nosa cidade, entre unha arquitectura de séculos anteriores, que conservamos polos seus va…

De cando Tui chegou aos Oscar de Hollywood

O pasamento nestes pasados días do actor José Luis López Vázquez lémbranos que foi o protagonista dunha película rodada nos seus exteriores en Tui, “Mi querida señorita”no ano 1971. Con ese filme o director Jaime Armiñán conseguiu chegar como candidato ao Oscar á mellor película extranxeira, sendo a primeira e, ata o momento, única oportunidade en que Tui estivo presente na festa do cine, nos Oscar de Hollywood.Por mágoa tivo de competir, e finalmente perder, diante, nada menos, que de “El discreto encanto de la burguesia” de Luis Buñuel que logrou a apreciada estatuiña dos Oscar.Deste xeito Armiñan foi o primeiro creador que levou a imaxe de Galicia e máis concretamente de Tui a Hollywood promovendo o coñecemento da nosa terra dun xeito digno, lonxe dos tópicos cos que case sempre era representada Galicia.“Mi querida señorita” é unha película de Jaime de Armiñán, que foi un filme transgresor naquela altura dos anos finais da ditadura franquista tratando o tema da transexualidade con…