Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de septiembre, 2011

"Tuy" de Teodosio Vesteiro Torres (I)

Achegamos hoxe en “Tudensia” a unha figura literaria que pola súa prematura morte non chegou a desenvolver todo o que nos seus escasos anos apuntabe a prol da cultura de Galicia, falamos de Teodosio Vesteiro Torres. Un escritor romántico, que transita dende o catolicismo antimoderno ao galeguismo, converténdose nun dos principais expoñentes do Rexurdimento da cultura de Galicia. Aínda que nado en Vigo comezou en Tui a súa andaina cultural e consideraba a esta cidade miñota como a súa segunda patria. Ten deixado unha importante achega, ás veces especialmente crítica, sobre a nosa cidade que cómpre resaltar e revalorizar, pois na actualidade segue practicamente descoñecido.  Teodosio Vesteiro Torres nace en Vigo o 12 de xuño de 1848 e naquela cidade transcurríu a súa infancia e primeiros estudos ata que no ano 1860 ingresa no Seminario de Tui como interno tras acadar unha bolsa de gracia, o que evidencia a humilde condición da súa familia. “Os éxitos académicos –relata María Álvarez de

Na morte de Xosé Luis Méndez, "Lis"

Impactado aínda pola luctuosa noticia da morte, neste xoves 22 de setembro, do pintor tudense Xosé Luis Méndez “Lis” dende as páxinas de “Tudensia” queremos rememorar a este singular artista, participante asiduo na vida tudense ao longo das últimas décadas, con estas liñas de lembranza garimosa. Xosé Luis Méndez Rodríguez, tiña nacido en Tui en 1958 e dende novo amosou a súa habelencia con lapis e logo cos pinceis.   Xa con 17 anos participa na I Mostra de Arte Popular no Baixo Miño en A Guarda e no ano 1980 realiza a súa primeira exposición individual na Casa da Xuventude tudense. Dende aquel numerosas exposicións colectivas e individuais enchen a traxectoria artística de “Lis”, que no ano 2008 expón na Casa de Galicia en Madrid e finalmente en xuño do pasado ano 2010 na Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui, na que sería a súa derradeira exposición individual, “A cor da música”. Estas dúas últimas mostras en compañía do escultor Raimundo Martínez “Rai”. Na obra de “Lis”

"El pasado judío de Tui" de Mª Gloria de Antonio Rubio

A páxina web da Asociación Galega de Amizade con Israel ( http://www.amizadeconisrael.org/ ) publicou o pasado lúns un interesante traballo de María Gloria de Antonio Rubio sobre os xudíos de Tui que polo se interese reproducimos. Resaltar que a investigadora Mª Gloria de Antonio é a principal especialista sobre a historia dos xudíos en Galicia e conta cunha abondosa bibliografía ao respecto. Agradecemos á AGAI, que participou en días pasados na celebración das Xornadas sobre a Cultura Xudía en Tui, a publicación deste traballo. El pasado judío de Tui, por María Gloria de Antonio Una de las constantes que encontramos al intentar un acercamiento a la presencia judía en Galicia es la falta de documentación que impide un conocimiento en profundidad de los personajes que compusieron su sociedad, sus barrios, sus edificaciones o las relaciones que mantuvieron con la población cristiana. Sin embargo, en el caso concreto de Tui, los escasos treinta documentos conservados son lo suficient