Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2021

O traxe das terras de Tui

  En numerosas oportunidades neste blog temos comentado a importancia de conservar as tradicións, ás menos das veces aínda vivas, como valiosas reliquias do pasado, pois amais de conformar o noso acervo patrimonial constitúen unha mostra da identidade colectiva dunha poboación, que se é quen de conservalas e transmitilas significa que está orgullosa de si mesma, da súa historia, que ten capacidade para reafirmar a súa singularidade ao longo dos tempos. Nos últimos séculos a revolución industrial e a conseguinte revolución dos transportes ten impulsado un proceso de uniformización a escala planetaria que agora, coas novas tecnoloxías da información e comunicación, acada as cotas máis altas ata agora coñecidas. Parella coa indumentaria tudense, debuxo de Lis Un dos ámbitos onde mais expresivo resulta este proceso de globalización é no referente á indumentaria, o que hoxe chamamos industria da moda. Aínda que a moda ou as tendencias sempre existiron (xa en época romana ou antes) sen

Mulleres tudenses II (incorporacións a 04.03.2021)

Hai uns meses publicamos en “Tudensia” un post que recollía unha relación de mulleres tudenses que ao longo dos tempos teñen deixado a súa pegada con testemuñas na documentación que posibilitan que hoxe poidamos darlle luz aos seus nomes e rescatalos do esquecemento. Elas como expoñente de tantas e tantas mulleres que coa súa achega á vida da nosa cidade teñen contribuído á conformación da nosa historia e identidade. Seguimos reclamando ao nosos lectores que colaboren achegando novos nomes que enriquezan esta relación á que hoxe engadimos dezaoito novos nomes cunha breve semblanza. O listado completo na nosa web: http://tudensia.blogspot.com/p/nova.html Alonso, Rosalía Era a tía de Gumersindo Rodríguez e foi detida despois da folga de solidariedade cos folguistas de Ferrol, en xuño de 1932. Ao seu enderezo dirixíase a correspondencia da FAI en Tui, en 1934. Bello del Soto, Socorro (Doña Socorro) Mestra dun afamado colexio da nosa cidade, “Sagrado Corazón”, nos anos da postg